San Pedro de Trones, A Ponte de Domingos Flórez

San Pedro de Trones é unha localidade do municipio da Ponte de Domingos Flórez, na provincia de León. En 2019 tiña 350 habitantes.[1]

Modelo:Xeografía políticaSan Pedro de Trones, A Ponte de Domingos Flórez

Localización
Mapa
 42°24′02″N 6°48′05″O / 42.400555555556, -6.8013888888889Coordenadas: 42°24′02″N 6°48′05″O / 42.400555555556, -6.8013888888889
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de León Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude700 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24385 Editar o valor em Wikidata

Xentilicio editar

O seu xentilicio é troneiro[2] ou pedrelo[3].

Xeografía editar

Atópase próximo á estrada CL-536 (antiga N-120) e ás localidades da Ponte e Castroquilame. Situado no límite leste de Galicia, ten un clima oceánico con tendencias mediterráneas. A temperatura media é duns 13 °C (xaneiro 5 °C, agosto 22 °C). Con precipitacións máis frecuentes no inverno, o verán segue sendo moi seco. O sol loce unha media de 2100 horas por ano.

Os seus barrios son La Cruz, Acebreiro, Pandela, Penelas, Carballal, Carballeda, Outeiro, Chao de San Miguel, La Torre, El Poulo e El Soto.

Economía editar

Posúe unha grande industria louseira. Antes deste século destacou polos teares de lenzo e no seu primeiro cuarto contaba con fábrica de electricidade, muíños de fariña, carpintarías, ferrarías, fábricas de gasosas e augardente, etc.

Historia editar

En 1890 iníciase a explotación das primeiras canteiras de lousa nas proximidades de San Pedro; o seu transporte facíase en carros de bois, pagándose catro pesetas polo porte de cada carro até a estación de Sobradelo; posteriormente unha barca permitiu achegar a mercadoría á estación de Quereño. A primeira vez que se cita esta vila é en 1182 cando pertencía ao mosteiro de Montes. Pertenceu despois ao Marquesado de Vilafranca, e a súa abadía a igrexa de San Pedro.

Monumentos editar

O Museo da Lousa recolle elementos relacionados coa industria extractiva da lousa ao longo da historia. Serie de pezas etnográficas e de artes decorativas e instrumental e obxectos relativos á explotación antiga da lousa. Exponse unha colección arqueolóxica, na que destaca, a magnífica espada de Vilafranca, así como unha serie de pezas etnográficas e de artes decorativas. Instrumental e obxectos relativos á explotación antiga da lousa.

S ermida da Virxe da Estrela, de estilo neorrománico con forma de estrela octogonal, foi construída sobre outra do século XI. A imaxe que garda no seu interior da virxe da Estrela é unha talla de madeira que imita a outra do século XIII da catedral de Plasencia.

Evolución demográfica editar

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011
495 486 466 453 436 434 421 408 387 382 378 369

Notas editar

  1. https://www.ine.es/nomen2/inicio_a.do
  2. "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 27. Consultado o 22 de xullo de 2021. 
  3. "Xentilicios_0.pdf" (PDF). p. 29. Consultado o 22 de xullo de 2021. 

Localidades da Ponte de Domingos Flórez editar

Castela e León | Provincia de León | Parroquias da Ponte de Domingos Flórez

Castro | Eres | A Ponte de Domingos Flórez | Robledo | Salas | San Pedro de Trones | As Veigas