Saint-Cyr-au-Mont-d'Or

comuna francesa

Saint-Cyr-au-Mont-d'Or é unha vila e comuna francesa da rexión de Auvernia-Ródano-Alpes, tradicionalmente no departamento de Ródano, que forma parte da metrópole de Lión (Métropole de Lyon).

Modelo:Xeografía políticaSaint-Cyr-au-Mont-d'Or
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°48′52″N 4°49′05″L / 45.8144, 4.8181Coordenadas: 45°48′52″N 4°49′05″L / 45.8144, 4.8181
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoRódano Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.900 (2021) Editar o valor em Wikidata (809,33 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ108921573 Traducir
Q3551055 Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie7,29 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Saint-Cyr-au-Mont-d'Or (en) Traducir Editar o valor em WikidataPatrick Guillot (en) Traducir (2020–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal69450 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario

Páxina webstcyraumontdor.fr Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situación editar

 
O Gran Lión. En verde, Saint-Cyr; en vermello, Lión.

A comuna de Saint-Cyr-au-Mont-d'Or está situada ao sur do macizo do monte d'Or, e ao norte do 9º arrondissement da cidade de Lión, da que é limìtrofe.

A vila forma parte da metrópole do Gran Lión. Tamén é membro do sindicato mixto dos Montes d'Or.[1]

O municipio esténdese a xeito de charneira entre un territorio urbanizado e unha área natural que se estende até o cumio do monte Thou. Este carácter natural vese reforzado pola presenza de grandes propiedades situadas no medio de fermosos parques arborados.

Datos xeográficos editar

Situado a unha altitude entre os 605 e os 2 001 msnm, o concello ocupa unha superficie de 7,29 km².

Segundo o censo de 1 de xaneiro de 2017 contaba cunha poboación de 5 576 habitantes, polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 764,88 hab./km².[2]

Orientada cara ao sur, resgardada do vento polo mont eCindre, Saint-Cyr-au-Mont-d'Or benefíciase dun microclima paricular.

Demografía editar

A evolución do número de habitantes coñécse a través dos censos de poboación realizados na comuna desde 1793. A partir de 2006, o Institut National de la Statistique et des Études Économiques (INSEE) publica as poboacións legais das comunas. O censo baséase hoxe na recollida da información anual, sucesivamente sobre todos os territorios municipais durante un período de cinco anos. Para os concellos de menos de 10 000 habitantes, realízase unha enquisa censal que abarca a toda a poboación cada cinco anos, estimándose as poboacións legais para anos intermedios por interpolación ou extrapolación.[3]

Para a comuna, o primeiro censo exhaustivo baixo o novo sistema levouse a cabo en 2007.[4] En 2017, a vila tiña 5 576 habitantes,[5] cun aumento do 1,75 % con respecto a 2012 (Ródano: + 5,26 %, Francia, excluíndo a Mayotte: + 2,36 %).

Serie de poboación histórica de Saint-Cyr-au-Mont-d'Or
(Fonte/s: INSEE)
Ano179318001836185118611876188619011911192119361946195419621968197519821990199920072013
Poboación1 7001 5591 6371 7351 7641 7162 0101 9301 8761 9792 2572 4512 9873 9624 0754 7634 8005 3185 3925 3855 485


 
Histograma da evolución da poboación do municipio entre 1962 e 2008

Historia editar

Preto a Lión, o lugar de Saint-Cyr estivo habitado dende os primeiros tempos. Durante o período galo-romano, os seus abundantes mananciais empregáronse para abastecer de auga ás termas de Lugdunum. Na vila aínda quedan restos do antigo acueduto dos montes d'Or.

Durante o Renacemento, a cidade de Lión experimentou unha considerábel expansión económica. Os ricos lioneses fixéronse cargo do monte d’Or para construír as súas casas de campo. Porén, os restos destas residencias son raros na vila xa que a miúdo foron substituídos, no século XIX, polos ricos químicos e sedeiros de Lión.

Durante a Revolución Francesa, a vila levou temporalmente o nome de Mont-Cindre.[2] O gran Lyon desapareceu o 1 de xaneiro de 2015 dando paso á comunidade territorial da metrópole de Lión. A vila abandona así o departamento de Ródano.[6]

Urbanismo editar

Durante a primeira parte do século XX a comuna albergou grandes propiedades utilizadas como residencias de vacacións para a burguesía de Lión. A partir dos anos 1960, Saint-Cyr converteuse nunha cidade residencial. O resultado foi unha fragmentación das parcelas e unha urbanización escalon ada, que e adapta a un relevo especialmente esgrevio. O ritmo de construción mantívose entre 1970 e 1990 coa creación de 30 vivendas de media ao ano. Na década de 1990, a media de creacións foi de 17 casas por ano. Hai unha alta densidade de vivendas grandes, o 80 % das cales están ocupadas polos seus propietarios, e só o 22 % son de alugueiro.

A vila ten un déficit de 315 unidades de vivenda social, segundo a lei SRU.[7]

O recente plan de urbanismo realizado baixo a coordinación da comunidade urbana de Lión conservou amplos espazos naturais ao redor do monte Thou e da cara norte do monte Cindre.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. "Syndicat mixte des Monts d'Or". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2021. Consultado o 29 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Saint-Cyr-au-Mont-d'Or en cassini.ehess.fr
  3. Présentation du recensement de la population INSEE.
  4. Documentation complémentaire sur le recensement. INSEE.
  5. Population municipale légale en vigueur au 1er janvier 2020, millésimée 2017, définie dans les limites territoriales en vigueur au 1er janvier 2019, date de référence statistique: 1er janvier 2017.
  6. Métropole: clap de fin pour le Grand Lyon, Lyon Capitale.
  7. Plan local d'urbanisme de Lyon métropole MODIFICAtION N°11 2015 HTTPː//plu.grandlyon.com/data/communes/SAINT_CYR/pdf/SAINT_CYR-CAH_COMM.pdf.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar