Saguinus geoffroyi

especie de mamífero

Saguinus geoffroyi é unha especie de pequeno primate de pelaxe branca e negra, coa caluga de cor avermellada. Acada entre os 22 até 25 cm de lonxitude; cunha cola de 31 a 40 cm. O peso rolda os 300 a 560 g. Aliméntase de froitas e invertebrados. Complementa a súa dieta con flores, retoños e zume.

Saguinus geoffroyi
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Suborde: Haplorrhini
Infraorde: Simiiformes
Parvorde: Platyrrhini
Familia: Callitrichidae
Xénero: Saguinus
Especie: S. geoffroyi
Nome binomial
Saguinus geoffroyi
(Pucheran, 1845)

A súa distribución abrangue dende Costa Rica até Colombia. Algúns estudosos teñen considerado este taxón como unha subespecie do Saguinus oedipus pero as investigacións recentes suxiren que son dous grupos diferentes abondo como para ser recoñecidos como especies separadas.

Como tódolos callitrichine son arbóreos; adoitan vivir en áreas de crecemento secundario ou en bosques mixtos. Como moitas especies desta subfamilia atópase en perigo de extinción, principalmente pola destrución do seu hábitat, aínda que é particularmente abondoso nalgunhas localidades de Panamá. En Colombia hai poboacións naturais desta especie protexidas no Parque Nacional Natural Las Orquídeas, que se atopa no Chocó.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Moore, A. J., & Cheverud, J. M. (1992). Systematics of the Saguinus oedipus group of the bare-face tamarins: Evidence from facial morphology. American Journal of Physical Anthropology, 89, 73-84.