Secretario (ave)
O secretario ou serpentario,[2] Sagittarius serpentarius, é unha ave de rapina diúrna, a única especie da familia Sagittariidae. O Sagittarius serpentarius habita en todas as rexións de África ao sur do Sáhara, agás zonas de vexetación densa. O seu hábitat preferente é a sabana, sendo tamén común en áreas semidesérticas ou con vexetación escasa.
Sagittarius serpentarius | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
No Parque Nacional do Serengeti | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Sagittarius serpentarius' (J. F. Miller, 1779) | |||||||||||||||
![]() Distribución xeográfica do Sagittarius serpentarius.
|
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/47/Sagittarius_serpentariusEYP03CA.jpg/200px-Sagittarius_serpentariusEYP03CA.jpg)
O Sagittarius serpentarius non se encontra en perigo de extinción porén non é moi común atopalos debido en gran parte á súa baixa densidade de poboación. Os fósiles máis antigos desta ave foron encontrados en Francia, en formacións xeolóxicas do Mioceno.
Descrición
editarO Sagittarius serpentarius é unha ave de grande porte, achegándose aos 1,5 m de altura e cerca de 2 metros de envergadura. As femias son lixeiramente menores que os machos, mais a especie non presenta un dimorfismo sexual significativo. A plumaxe é cincenta, coa cola, punta das ás e coxas negras. A cabeza é pequena, con faces alaranxadas, e termina nun peteiro curto e encurvado típico das aves de rapina. Na parte de traseira da cabeza presenta unha crista característica de plumas negras. As patas son moi longas e terminan en garras afiadas.
Vive habitualmente en parella, ás veces en grupos de 3 a 4 aves. Esta ave localízase sobre todo en terra, camiñando a cerca de 3 km/h, mais é unha excelente voadora que prefire planar nas correntes de ar ascendentes como os voitres. A súa alimentación é sobre todo a base de serpes, podendo tamén consumir roedores e anfibios. Mata as presas coas patas, menos frecuentemente adoita facelo co peteiro, que usa apenas para dominar animais de pequeno porte.
Reprodución
editarA época de reprodución vai, dependendo da súa distribución xeográfica, desde agosto a decembro. A parella constrúe un niño tipo plataforma, con cerca de 1,5 m de diámetro, no topo de árbores ou arbustos altos. A construción é xeralmente reaproveitada pola parella de ano para ano. Cada posta contén unha media dous ovos alongados, de cor cincenta azulada, que son incubados pola femia durante 40-46 días. Durante este período, a femia non abandona o niño e é alimentada polo seu compañeiro. As crías permanecen no niño durante cerca de dous meses e son coidadas polos dous pais. Aos tres meses xa son independentes.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2013). "Sagittarius serpentarius". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Definición de secretario no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Maclean, G.L., 1993. Robert’s Birds of Southern Afreica. 6th Edition. John Voelcker Bird Book Fund