Saúl Fernández
Saúl Fernández García, nado en Oviedo e criado en Trevías (Asturias) o 9 de abril de 1985, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Saúl Fernández | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Saúl Fernández García | ||
Nacemento | 9 de abril de 1985 (38 anos) | ||
Lugar de nacemento | Trevías | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
1992–1997 | Treviense | ||
1997–2003 | Sporting de Gijón | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2003–2005 | Sporting B | ||
2005–2006 | Málaga B | 31 | (2) |
2006 | Málaga | 15 | (0) |
2007–2008 | Levante B | 27 | (1) |
2007–2008 | Levante | 20 | (0) |
2008–2010 | Elche | 66 | (11) |
2010–2013 | Deportivo da Coruña | 29 | (0) |
2013–2014 | Ponferradina | 14 | (1) |
Selección nacional | |||
2004 | España sub-19 | 2 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Saído dun club humilde como é o Club Deportivo Treviense, club da súa vila, debutou co Sporting de Gijón B en 2003, onde tras 2 tempadas, decidiu marchar ao Málaga CF e dar o salto a Segunda División. Durante as súas dúas tempadas en Málaga, alternou aparicións co primeiro equipo e co filial, chegando a debutar en Primeira División, situación que se repetiu durante a súa etapa no Levante UD. No verán de 2008 asinou polo Elche CF, onde se consolidou como titular.
No verán de 2010 fichou polo Deportivo da Coruña, tras acabar o seu contrato co Elche.
O 31 de xaneiro de 2013 rescindiu o seu contrato co Deportivo e firmou pola SD Ponferradina.[1][2]
O 22 de abril de 2014, logo de ter sufrido lesións graves en ambos nocellos que non lle permitiron debutar en toda a tempada, e ser operado varias veces, anunciou a súa retirada do fútbol profesional.
PalmarésEditar
- Deportivo
NotasEditar
- ↑ "Saúl y Bodipo rescinden sus contratos con el Deportivo"
- ↑ ""La S.D. Ponferradina cierra la incorporación de Saúl"". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2013. Consultado o 31 de xaneiro de 2013.