Trevías
Trevías (San Miguel) é unha parroquia do concello de Valdés, no Principado de Asturias, situada a uns 17 quilómetros de Luarca, a capital municipal, sobre a estrada N-634 que vai de Oviedo á Coruña.
O mar Cantábrico atópase a uns 5 quilómetros en liña recta cara ao norte e a uns 7 seguindo a actual estrada en dirección á Coruña. A súa xeografía vén determinada polo paso do río Esva, que atravesa a principal poboación da parroquia, Trevías, que se converteu no centro comercial e de servizos da parroquia, e alí áchase o centro médico, a escola infantil, o veterinario, farmacia, notaría etc.
Limita ao norte coas parroquias de Canero e Cadavedo, ao leste coas de Arcallana e Muñás, ao sur con Paredes, e ao oeste con Barcia.
As súas entidades de poboación son: Balsera, Bahinas, Brañaberniza, Brieves, Briones, Cortina, San Feliz e o seu Barrio Lespontones, Llendecastiello, San Pelayo, Gamones, Silvamayor, Lago, Trevías, Villar e Villanueva cos seus barrios de San Martín e Pescaredo.
A economía da zona baséase na gandería vacúa, (carne, leite e derivados), aínda que tamén existe o cultivo de patacas e millo, case para uso persoal.
Monumentos
editarA igrexa de San Miguel Arcanxo data do ano 1000. No seu pórtico atópase unha lápida epigráfica que conmemora a terminación da igrexa primitiva o "12 de las kalendas de abril Era 38", que corresponde ao 21 de marzo do ano 1000.
Deportes
editarO deporte máis seguido na vila é o fútbol, co seu equipo local, o Club Deportivo Treviense, que actualmente milita en Segunda Rexional. Por este club pasou o actual futbolista profesional Saúl Fernández, que xoga no Deportivo da Coruña.