STS-86
STS-86 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 26 de setembro de 1997 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]
STS-86 | |
---|---|
Lanzamento da misión STS-86. | |
Tipo | Tripulado |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 26 de setembro de 1997, 2:34 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Transbordador espacial[3][5] |
Sitio de lanzamento | Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6] |
Duración da misión | 10,81 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa estación espacial Mir.[3][6] |
Regreso | 6 de outubro de 1997[6] |
Sitio de regreso | Centro Espacial Kennedy |
NSSDC ID | 1997-055A |
Características
editarSTS-86, con seis astronautas (James D. Wetherbee, Michael J. Bloomfield, Vladimir G. Titov, Scott E. Parazynski, Jean-Loup Chrétien, Wendy B. Lawrence e David A. Wolf) a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir para transferir subministracións e tripulación e facer experimentos a bordo. O Atlantis, o día da partida, voou arredor da estación para buscar unha fuga no módulo Spektr causada pola colisión dunha nave Progress.[3][5][6][7]
O Atlantis chegou á estación o 27 de setembro. Durante a súa estancia tivo lugar a primeira actividade extravehicular conxunta entre un astronauta estadounidense e un cosmonauta ruso e transferíronse máis de catro toneladas desde o módulo Spacehab do transbordador á Mir. Tamén se fixeron unha serie de probas para estudar a resistencia estrutural da estación e varios experimentos a bordo.[3][5][6][7]
O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 6 de outubro de 1997 con Michael Foale a bordo e deixando a Wolf na Mir.[3][5][6][7]
Notas
editar- ↑ N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 "Note verbale dated 12 June 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-54610(E)). 24 de xuño de 1998: 7. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2010). "STS-86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-86" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 NASA (26 de outubro de 2010). "STS-86" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: STS-86 |