Jean-Loup Chrétien

Astronauta francés

Jean-Loup Chrétien, nado en La Rochelle (Francia) o 20 de agosto de 1938, é un astronauta francés que formou parte das misións Soiuz TM-6, Soiuz T-6, Soiuz TM-7 e STS-86. Pasou un total de 43,47 días no espazo.[1]

Jean-Loup Chrétien
Datos persoais
Nacemento20 de agosto de 1938
LugarLa Rochelle
Actividade
MisiónsSoiuz TM-6, Soiuz T-6, Soiuz TM-7, STS-86 e Mir-Aragatz
Tempo no espazo43,47 días
Premioscomendador da Lexión de Honor, Orde de Lenin, Heroe da Unión Soviética, Bandeira Vermella do Traballo, Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e Cabaleiro da Orde Nacional do Mérito
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Chrétien é graduado en enxeñería aeronáutica pola L'Ecole de l' Air en 1959. Acadou a súa formación como piloto e ascendido a tenente en 1962, despois dun ano adestrando en avións modelo Mystere-4S. En setembro de 1979, como resposta a un ofrecemento da Unión Soviética feito en abril dese mesmo ano, Francia comezou un proceso de selección dun astronauta nacional para voar nunha misión soviética. O 12 de xuño de 1980 anunciouse que Chrétien era un dos dous finalistas, comezando a adestrar no Centro de Adestramento Cosmonauta Iuri Gagarin en setembro dese ano e voando na misión Soiuz T-6 dous anos máis tarde. Voaría máis tarde nas misións Soiuz TM-6, Soiuz TM-7 e finalmente no transbordador espacial Atlantis na misión STS-86, tras comezar a adestrar para a NASA en 1995.

Notas editar

  1. Mark Wade (2018). "Chretien, Jean-Loup Jacques Marie" (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar