Wendy B. Lawrence

astronauta estadounidense

Wendy Barrien Lawrence, nada en Jacksonville, Florida, o 2 de xullo de 1959, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte da misións STS-114, STS-67, STS-91 e STS-86.[1][2]

Wendy B. Lawrence
Datos persoais
Nacemento2 de xullo de 1959
LugarJacksonville, Florida
Actividade
MisiónsSTS-114, STS-67, STS-91 e STS-86
Tempo no espazo51,16 días
PremiosMedalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Lawrence graduouse en enxeñería oceánica pola Academia Naval dos Estados Unidos en 1981 e é máster na mesma materia polo Instituto Tecnolóxico de Massachusetts e a Institución Oceanográfica Woods Hole en 1988.[1][2]

Foi seleccionada como astronauta pola NASA en marzo de 1992, participando nas misións STS-114, STS-67, STS-91 e STS-86 e pasando un total de 51,16 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Lawrence, Wendy Barrien" (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2006). "WENDY B. LAWRENCE (CAPTAIN, USN) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 22 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar