STS-61

misión do transbordador espacial Endeavour

STS-61 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 2 de decembro de 1993 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-61
Lanzamento da misión STS-61.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento2 de decembro de 1993, 9:27 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,83 días[6]
Obxectivo da misiónReparación e servizo do telescopio espacial Hubble.[3][6]
Regreso13 de decembro de 1993[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1993-075A

Características editar

STS-61, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para reparar e dar servizo ao telescopio espacial Hubble por primeira vez. A tripulación estaba formada polo comandante Richard O. Covey, o piloto Kenneth D. Bowersox, o comandante de carga F. Story Musgrave e os especialistas de misión Kathryn C. Thornton, Claude Nicollier, Jeffrey A. Hoffman e Tom Akers.[3][5][6][7]

O Hubble fora lanzado cun defecto na súa óptica que non se descubriu ata que estivo en órbita. A tripulación fixo ata cinco paseos espaciais (a maior cantidade nunha soa misión ata o momento) para, entre outras cousas, substituír os paneis solares e instalar un dispositivo denominado COSTAR no interior do telescopio para corrixir a óptica defectuosa. O transbordador capturou o telescopio co seu brazo robótico (manexado por Claude Nicollier) no terceiro día de voo, colocándoo en vertical na bodega de carga. Durante os días seguintes, Musgrave, Hoffman, Thornton e Akers fixeron os cinco paseos espaciais para substituír e reparar as diversas partes do observatorio espacial. No noveno día o telescopio foi liberado, co presidente Bill Clinton e o vicepresidente Al Gore felicitando á tripulación.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 13 de decembro de 1993.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 61" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 8 June 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-24327(E)). 9 de xuño de 1994: 13. Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 61" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-61" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-61" (en inglés). Consultado o 3 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-61" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar