Kathryn C. Thornton

astronauta estadounidense

Kathryn Ryan Cordell Thornton, nada en Montgomery, Alabama, o 17 de agosto de 1952, é unha astronauta estadounidense retirada que formou parte das misións STS-33, STS-49, STS-61 e STS-73.[1][2]

Kathryn C. Thornton
Datos persoais
Nacemento17 de agosto de 1952
LugarMontgomery
Actividade
MisiónsSTS-33, STS-49, STS-61 e STS-73
Tempo no espazo40,63 días
PremiosSalón da Fama dos Astronautas dos Estados Unidos e Medalla de Servizo Distinguido da NASA
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Thornton graduouse en física pola Universidade Auburn en 1974 e ten un máster na mesma materia pola Universidade de Virxina en 1977. Ten tamén un doutoramento en física por esta última universidade en 1979. Foi seleccionada como astronauta pola NASA en maio de 1984, participando nas misións STS-33, STS-49, STS-61 e STS-73. Pasou un total de 40,63 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Thornton, Kathryn Ryan Cordell" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (xuño de 1996). "KATHRYN C. THORNTON (PH.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar