Al Gore
Albert Arnold Gore Jr., nado o 31 de marzo de 1948 en Washington, D.C., é un político americano que foi vicepresidente da Administración Clinton entre 1993 e 2001. Pertence ao Partido Demócrata. É o gañador do Premio Nobel da Paz de 2007, xunto co Panel Intergubernamental do Cambio Climático. É tamén asesor da empresa Google.
Traxectoria
editarEn 2000 concorreu á presidencia dos EUA, sendo vencido, nunha elección marcada polo reconto polémico dos votos, por George W. Bush, a pesar de obter máis votos populares.[1]
En 2006, lanzou An Inconvenient Truth (Unha verdade incómoda), documental sobre o cambio climático, máis especificamente sobre o quecemento global, co cal conseguiu ser vencedor do Oscar ao mellor documental en 2007.
Al Gore é un activista ecolóxico, e escribiu:
- A Terra en balance: ecoloxía e o espírito humano. 1993.
- Unha verdade incómoda. Manole, 2006.
En febreiro de 2007, Al Gore e o presidente da empresa Virgin, Richard Branson, lanzaron unha competición que dará 50 millóns de dólares ao científico que presente a mellor proposta para 'limpar o ar' do planeta, ou sexa, diminuír as cantidades de dióxido de carbono na atmosfera.[2]
Notas
editar- ↑ Ali Kamel, "Calma, os americanos sabem o que fazem" Arquivado 28 de setembro de 2007 en Wayback Machine., O Globo, 2004, 31 de Julho de 2007.
- ↑ Magnata oferece R$ 50 mi para melhor idéia de 'limpar o ar' BBCBrasil.com, 9 de febreiro de 2007
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al Gore |