STS-55

misión do transbordador espacial Columbia

STS-55 foi unha misión do transbordador espacial Columbia lanzada o 26 de abril de 1993 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-55
Lanzamento da misión STS-55.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento26 de abril de 1993, 14:50 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión9,99 días[6]
Obxectivo da misiónExperimentos a bordo do laboratorio Spacelab D2.[3][6]
Regreso5 de maio de 1993[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1993-027A

Características

editar

STS-55, con sete astronautas a bordo, foi lanzada para facer experimentos no laboratorio Spacelab D2, patrocinado por Alemaña. A tripulación estaba formada polo comandante Steven R. Nagel, o piloto Terence T. Henricks, os especialistas de misión Jerry L. Ross, Charles J. Precourt e Bernard A. Harris e os especialistas de carga Ulrich Walter e Hans Schlegel.[3][5][6][7]

Os 88 experimentos a bordo de Spacelab D2 abranguían ciencias da vida, microgravedade, ciencias terrestres e astronomía e foi a sucesora de Spacelab D1, con 11 paísese participando no deseño e elaboración dos experimentos. A tripulación dividiuse en dous equipos para levar a cabo os experimentos de forma óptima. Outros experimentos secundarios a bordo do transbordador foron SAREX II e SAFEX. O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 5 de maio de 1993.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 55" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 11 August 1993 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (93-46671(E)). 25 de agosto de 1993: 4. Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 55" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-55 - Spacelab-D2" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-55" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (31 de marzo de 2010). "STS-55" (en inglés). Consultado o 5 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar