Jerry L. Ross

astronauta estadounidense

Jerry Lynn Ross, nado en Crown Point, Indiana, o 20 de xaneiro de 1948, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-61-B, STS-27, STS-37, STS-55, STS-74, STS-88 e STS-110.[1][2]

Jerry L. Ross
Datos persoais
Nacemento20 de xaneiro de 1948
LugarCrown Point
Actividade
MisiónsSTS-61-B, STS-27, STS-37, STS-55, STS-74, STS-88 e STS-110
Tempo no espazo58,04 días
PremiosLexionario da Lexión do Mérito, Salón da Fama dos Astronautas dos Estados Unidos, Medalla de Servizo Distinguido da NASA e honorary doctor of Purdue University
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Ross graduouse en enxeñaría mecánica pola Universidade Purdue en 1970 e é máster na mesma materia pola mesma universidade en 1972. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 1980, participando nas misións STS-61-B, STS-27, STS-37, STS-55, STS-74, STS-88 e STS-110 e pasando un total de 58,04 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Ross, Jerry Lynn" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (4 de agosto de 2017). "Jerry L. Ross - NESC Academy Biography" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar