STS-27

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-27 foi unha misión do Transbordador espacial Atlantis e lanzada o 2 de decembro de 1988 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-27
Lanzamento da misión STS-27
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento2 de decembro de 1988, 14:30 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión4,38 días[6]
Obxectivo da misiónMisión militar, carga clasificada.[3][6]
Regreso6 de decembro de 1988[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1988-106A

Características editar

STS-27, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite militar clasificado Onyx 1, na terceira misión adicada ao Departamento de Defensa. A tripulación estaba formada polo comandante Robert L. Gibson, o piloto Guy S. Gardner e os especialistas de misión Richard M. Mullane, Jerry L. Ross e William M. Shepherd.[3][5][6][7]

Durante a engalaxe o cono superior do acelerador de propelente sólido dereito soltouse e golpeou o transbordador debido, como se determinou máis tarde, a cambios no proceso de fabricación do material ablativo que protexía aos foguetes aceleradores durante o lanzamento. Unha vez en órbita a tripulación examinou a zona mediante o brazo robótico, descubrindo que gran cantidade de lousas do escudo térmico estaban danadas. O control de terra non lle deu máis importancia, contra a preocupación dos astronautas, que non parecían ter claro se se lles estaba ocultando información.[3][5][6][7]

O Atlantis regresou a terra sen incidentes na Base Edwards da Forza Aérea o 6 de decembro de 1988. Un exame do transbordador revelou que unhas 700 lousas sufriran danos e que faltaba unha, afortunadamente nunha zona menos exposta ao intenso calor da reentrada atmosférica. Se a lousa se tivera perdido nunha zona máis vulnerable podería terse producido un accidente similar ao que caousou a perda do Columbia durante a misión STS-107 pero 15 anos antes.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 27" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 14 November 1989 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (89-31184). 1 de decembro de 1989: 7. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 27" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-27" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-27" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (6 de outubro de 2020). "STS-27" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar