STS-110 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 8 de abril de 2002 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-110
Lanzamento da misión STS-110
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de abril de 2002, 20:44 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,82 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso19 de abril de 2002[6]
NSSDC ID2002-018A

Características editar

STS-110, con sete astronautas a bordo, foi unha misión para continuar construíndo a Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Michael J. Bloomfield, o piloto Stephen N. Frick e os especialistas de misión Jerry L. Ross, Steven L. Smith, Ellen Ochoa, Lee M. E. Morin e Rex J. Walheim. O voo marcou o sétimo voo de Ross, convertíndoo na persoa en voar máis veces ao espazo.[3][5][6][7]

O transbordador levaba a bordo a viga S0, que con 13 m de longo e 13,5 toneladas de masa foi a primeira da estrutura principal (de 110 m de longo) que máis tarde soportaría os paneis solares e os radiadores. Necesitáronse catro paseos espaciais para extraer a viga mediante o brazo robótico e instalala na estación. Durante a misión tamén se transferiron experimentos e subministracións entre o transbordador e a estación.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra no Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, Florida, o 19 de abril de 2002.[3][5][6]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 110" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 16 September 2002 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (02-58657(E)). 9 de outubro de 2002: 2. Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 110" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-110 / ISS-8A" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-110" (en inglés). Consultado o 8 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (16 de febreiro de 2010). "STS-110" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar