Kaguya

Sonda espacial luar xaponesa.
(Redirección desde «SELENE»)

Kaguya, denominada así pola princesa dunha lenda que visitaba a Terra desde a Lúa, tamén denominada SELENE (acrónimo de Selenological and Engineering Explorer) foi unha sonda lunar xaponesa lanzado o 14 de setembro de 2007 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.[2][5][6]

Kaguya / SELENE
Representación artística de Kaguya.
TipoCientífico
OrganizaciónJAXA
Destino actualImpactado na superficie lunar.[1]
Data de lanzamento14 de setembro de 2007, 1:31 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorH-IIA[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Tanegashima[2][6]
Obxectivo da misiónExploración lunar.[2][6]
Decaemento10 de xuño de 2009[2][5]
NSSDC ID2007-039A
Masa1984,0 kg[2][5]
DimensiónsForma de caixa de 2,1 x 2,1 x 4,8 metros[2]
Potencia3486,0 vatios[2]

Características editar

A misión de Kaguya foi facer un estudo global da Lúa, determinar a abundancia de elementos, a composición mineralóxica, a topografía, xeoloxía e gravidade e os contornos de plasma do sistema Terra-Lúa e desenvolver as tecnoloxías necesarias para futuras exploracións lunares. A misión estaba composta por tres satélites: o satélite principal en si (Kaguya) e dous subsatélites, un (denominado Ouna) para facer experimentos de radio e interferometría de longa base e outro (Okina) que funcionaba como estación repetidora para cando Kaguya estaba no lado oculto da Lúa, axudando ademais a facer experimentos de medición do campo gravitatorio.[2][5][6]

O satélite tiña forma de caixa de 2,1 x 2,1 x 4,8 metros, dividido nun módulo de instrumentación científica e un módulo de propulsión. A alimentación eléctrica era proporcionada por un panel solar de 22 m² de xermanio e arseniuro de galio que sobresaía dun lateral e que subministraba ata 3486 vatios de potencia, cargando catro baterías de hidruro de níquel de 50 voltios e 35 Ah de capacidade. As comunicacións tiñan lugar en banda S e banda X mediante unha antena de alta ganancia de 1,3 metros de diámetro no lado situado a 90 graos con respecto do panel solar e mediante catro antenas omnidireccionais de banda S. O sistema de almacenamento de datos de a bordo tiña unha capacidade de 10 Gbytes. A propulsión principal corría a cargo dun motor bipropelente de 500 N de pulo e da mantenza orbital e o control de guiñada e cabeceo encargábanse doce propulsores bipropelente de 20 N, mentres que o control de alabeo era levado a cabo por oito propulsores monopropelente de 1 N. A nave estaba estabilizada nos tres eixos.[2][5]

Perfil da misión editar

Kaguya foi lanzada ás 1:31 GMT (10:31 hora do Xapón) desde Tanegashima o 14 de setembro de 2007 a unha órbita terrestre. Separouse do foguete portador 45 minutos e 34 segundos máis tarde, despois do cal despregou a súa antena de alta ganancia e o panel solar. Tras dúas manobras orbitais quedou nunha órbita de 924 km de perixeo e 232.731 km de apoxeo. Tras tres correccións orbitais, Kaguya encendeu o motor principal e inxectouse nunha órbita translunar, entrando en órbita lunar ás 21:20 GMT do 3 de outubro, cun perilunio de 101 km e un apolunio de 11.741 km. Kaguya fixo seis manobras orbitais máis, durante as cales liberou os subsatélites Okina e Ouna, e para acabar nunha órbita polar de 80 x 128 km o 19 de outubro. O traballo científico da sonda comezou o 20 de outubro. Tras finalizar o seu traballo a sonda foi estrelada contra a Lúa a propósito o 10 de xuño de 2009.[2][5]

Instrumentos editar

Kaguya levaba os seguintes instrumentos a bordo:[2][5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SELENE (KAGUYA)" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 NASA (27 de marzo de 2013). "Kaguya" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2013. 
  3. "Note verbale dated 31 January 2008 from the Permanent Mission of Japan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (08-51540). 5 de marzo de 2008: 2. Consultado o 29 de marzo de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "SELENE / Kaguya" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "SELENE (Kaguya)" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Mark Wade (2011). "Kaguya" (en inglés). Consultado o 7 de maio de 2013.