Ruy López de Segura
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Ruy López de Segura, nado en Zafra contra o 1540 e finado en Madrid contra o 1580, foi un clérigo e xadrecista estremeño.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1530 (Gregoriano) Zafra, España |
Morte | 1580 (Gregoriano) (49/50 anos) Lima, Perú |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista, sacerdote católico, escritor |
Nacionalidade deportiva | España |
Deporte | xadrez |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarRodrigo López de Segura naceu nunha familia acomodada. Os seus pais eran mercadores, con casa e escudo na Praza Grande da localidade. Foi clérigo da parroquia da Candelaria en Zafra, e máis tarde pasou á corte de Filipe II, en condición de confesor e conselleiro real. Foi considerado campión do mundo polo menos entre 1570 e 1575, cando foi derrotado por Leonardo dá Cutri.
Desde mozo Ruy López foi un namorado do xadrez. Ao parecer un dos que máis influíu nel foi Damiano, quen en 1512 publicara o libro Questo Libro e da Imparare Giocare a Scachi: Et de Belitissimi Partiti, que López estudou.[1] En 1560 chegou a Roma por asuntos eclesiásticos e alí derrotou os mellores xadrecistas italianos. Repetiu a súa fazaña en 1573 durante o pontificado de Gregorio XIII, época na que Italia era o máis importante centro xadrecístico de Europa, especialmente Roma.
Moitos historiadores do xadrez considérano como o primeiro campión do mundo rexistrado en Europa e como creador da teoría do xadrez.[1] Tamén é destacable que practicou con éxito a modalidade do xadrez á cegas. O rei Filipe II colmouno de honras pola súa fama no xadrez. En 1575, Filipe II invitouno a un torneo na súa corte e así reuníronse en Madrid os dous mellores xadrecistas italianos da súa época, Leonardo da Cutri e Paolo Boi, alcumado o Siracusano, xunto cos españois Ruy López e Afonso Cerón, de Granada. Esta proba é cualificada polos historiadores como o primeiro Torneo Internacional de Mestres e a primeira en ser documentada. O torneo gañouno Leonardo da Cutri, quen recibiu como premio mil ducados, unha capa de armiño e o seu lugar de nacemento, durante vinte anos, estivo exento de pagar tributos. Filipe II enviou as súas felicitacións a Xoán de Austria nunha carta datada o 22 de agosto de 1575.
Como exemplo verase a continuación unha partida que, a criterio de moitos, é a primeira vez que se xoga un Gambito de rei.
Partidas xogadas por Ruy López
editarOs seus estudos sobre a Apertura Ruy López (chamada tamén española) foron fundamentais para o progreso do xogo. O tratado de xadrez do zafrense foi obxecto de numerosos estudos e considerouse como base fundamental da teoría xadrecística. A súa apertura segue vixente aínda e foi analizada e posta a proba na práctica do xadrez moderno polos máis grandes mestres. Aparece no seu tratado como Apertura IX.
Formulación da Apertura Ruy López:
1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5
Coas brancas, Rodrigo Ruy López de Segura; coas negras, Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri.
1. e4 - e5 2. f4 - d6, (véxase o taboleiro á esquerda) a Leonardo foille conveniente aceptar o sacrificio de peón con 2. ... - exf4. Outra xogada boa éralle tamén 2. ... - d5. Ao non aceptar nin contraatacar acomodouse defendendo o peón atacado a esperas da iniciativa do de Zafra. 3. Bc4 - c6 4. Cf3 - Bg4 5. fxe5 - dxe5??, (poden ver a posición no taboleiro da dereita), aínda agora éralle o mellor movemento 5. ... - d5, ao querer recuperar o peón o máis pronto posible, desencadea un sacrificio do estremeño, que gaña a partida, materializando a vantaxe en moi poucas xogadas. 6. Bxf7+!!, este sacrificio foi un investimento seguro, xa que colleu un peón e fai mover o rei para despois responder con movementos que recuperan moito máis do antes sacrificado. 6. ... - Rxf7?, non coller o bispo deulle máis poderío de resistencia, pero a partida estaba xa perdida. 7. Cxe5+!, 7. ... - Re8?, o rei tiña mellores sitios a onde ir, indo cara a atrás, facilitoulle aínda máis o traballo. 8. Dxg4!, sumar efectivos cando se ataca é importante, novos efectivos, novas ameazas. 8. ... - Cf6??, último fallo de Leonardo na partida. 9. De6+!! - De7 10. Dc8+ - Dd8 11. Dxd8 + - Rxd8 12. Cf7+, e as brancas gañaron.
Coas brancas, Rodrigo Ruy López de Segura; coas Negras, Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri.
1. e4 - e5 2. Cf3 - f6?, Leonardo proba defender doutro xeito o peón atacado. 3. Cxe5! Leonardo optou por castigar o sacrificio aceptándoo. 3. ... - fxe5?? Seríalle mellor non aceptar o cabalo e xogar 3. ... - De7 poñendo unha contratrampa para que se agora Ruy López quixese dar un xaque coa Dama, ou sexa 4. Dh5+ - g6 para sacrificar o cabalo con 5. Cxg6, Leonardo puidese contestar con 5. ... - Dxe4+ e 6. Be2 - Dxg6, gañando efectivamente o cabalo. A 3. ... - De7 aconséllase contestar con 4. Cc4, as brancas perderán o peón que gañaran provisoriamente, pero a súa vantaxe queda ampla ao gañar velocidade no desenvolvemento. 4.Dh5+ - g6 4. ... - Re7 Era peor elección, porque seguirían os movementos 5. Dxe5+ - Rf7 6. Bc4+ - d5 (se 6. ... - Rg6 entón 7. Df5+ - Rh6 8. h4 - De7 9. d3+ e as brancas gañan doado) 7. Bxd5+ - Rg6 8.h4 - h5 9. Bxb7+ e gaña, nótese que o bispo non se pode coller 9. ... - Bxb7 porque entón daría a dama xaque con 10. Df5+ - Rh6 11. d4+ - g5 12. Df7!! con mate en poucos movementos máis. 5. Dxe5+ - De7 6. Dxh8 - Cf6? 6. ... - Dxe4+ ten pinta de pouquiño mellor. 7. d4 a Ruy López 7. Cc3 ou 7. d3 tamén lle serían bos movementos. 7. ... - Rf7? Leonardo non quixo coller o peón con 7. ... - Cxe4. 8. Bc4+? 8. e5 ampliaba maior vantaxe 8. ... - d5 9. Bxd5+ - Cxd5 e as brancas gañaron.
Coas brancas, Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri; coas negras, Rodrigo Ruy López de Segura.
1. e4 - e5 2. Cf3 - d6 3. Bc4 - f5?, este movemento sópralle moito vento en popa ás brancas. Son mellores 3. ...- Cc6 e 3. ... - Be7, as dúas variantes principais na actualidade. 4. d3, 4. d4! ten moita agresividade, por poñer un exemplo: 4. ... - fxe4 5. Cxe5! - dxe5 6. Dh5+ - Rd7 7. Bxg8 - Bb4+ 8. c3 - Dxg8 9. cxb4 - exd4 10. 0-0 e brancas vanse divertir. 4. ... - Be7 5. De2, 5. Cc3 é unha xogada un pouquiño máis fina, xa que aínda non se sabe cal vai ser o mellor sitio para a dama. 5. ... - c6 5. Cc6 faríalle bos servizos. 6. h3, as brancas perden velocidade voluntariamente, 6. Cc3 era outra vez o normal. 6. ... - f4, mellor 6. Cf6. 7. g3?, regala toda a vantaxe obtida na apertura e a situación vaise igualando, 7.d4 ou 7. 0-0 faríanlle máis presión ás negras. 7. ... - fxg3 8. fxg3 - Dc7? Ruy López subestimou 9. Cg5 - Bxg5 10. Bxg5 con vantaxe novo para as brancas, ou tamén 9. ... - Cf6 10. Bf7+ - Rf8. 9. Cc3? devolve o favor, e deixa que a posición se vaia igualando outra vez. 9. ... - Cf6? volve a subestimar 10. Cg5, lle era mellor xogar antes 9. ... - b5 10. Bb3 - b4. 10. b4? volve ao de costume non querendo facer o movemento 10. Cg5. Con 10. b4? debilitáronse as brancas tanto, que agora xa son as negras as que gustan, continuando con 10. ... - d5. Anotouse que a partida a gañou Leonardo, pero descoñécese como seguiu.
Coas brancas, Giovanni Leonardo Di Bona da Cutri; coas negras, Rodrigo Ruy López de Segura.
1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bc4 - Bc5, (véxase o taboleiro esquerdo). 4. c3, aínda hoxe a que máis se xoga das variantes principais na apertura italiana. 4. ... - De7, na actualidade prefírese xogar 4. ... - Cf6 o cal é ao mesmo tempo o movemento que máis se xogou nesta variante ata agora. 5. b4, 5. d4!? é tacticamente unha liña de xogo moi interesante. Pero nada que obxectar a don Giovanni, o seu movemento foi moi bo. 5. ... - Bb6 6. a4 - a6 7. Ba3 nesta posición aconséllase 7. d3 para ocultar onde vai parar o bispo. 7. ... - d6 8. d3 - Cf6 9. De2 - Bg4 as negras equilibraron o xogo e sen facer fallos non debería haber ningunha preocupación. 10. Cbd2, é unha pena que non se saiba de como seguiu a partida, sexa como fose, se ten historicamente rexistrado que Leonardo gañou esta partida. O procedemento desta partida, ou sexa, dos movementos que coñecemos, é de alto nivel por parte de ambos xogadores.
Obra
editarEmulando a Damiano escribiu o Libro de la invención liberal y arte del juego del ajedrez, muy útil y provechosa para los que de nuevo quisieren depreder a jugarlo, como para los que ya lo saben jugar, publicado en Alcalá de Henares en 1561. Foi un dos primeiros libros de xadrez publicados en Europa, e traducido a diversas linguas. Despois publicou Grammaticae Institutiones (Lisboa, 1563)[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ni Beth Harmon ni Netflix: el origen del gambito está en Zafra, Extremadura". www.elsaltodiario.com (en castelán). Consultado o 2020-12-30.
- ↑ Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C60-C99
- ↑ Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C30
- ↑ 4,0 4,1 Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C40
- ↑ Enciclopedia de aperturas de xadrez (ECO) C53
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ruy López de Segura |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Santos Protomártir Vaqueiro, Ruy López de Segura Arquivado 08 de marzo de 2009 en Wayback Machine.
- Mais información sobor Ruy López