Apertura Ruy López
- Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
A apertura Ruy López, tamén chamada apertura española, é unha famosa Apertura de xadrez. Tratase, talvez, da apertura mais famosa do xadrez, devendo o seu nome ao célebre xadrecista español do século XVI Ruy López de Segura. Está considerada dentro das aperturas abertas. Foi obxecto de moitas análises por parte dos teóricos do xogo e as súas variantes son numerosas. En xeral, considérase que dá ás pezas brancas unha vantaxe lixeira e duradeira. Acontece despois das seguintes xogadas (en notación alxébrica):
Comentarios das primeiras xogadas: 1. e4 A apertura do peón de Rei é tan popular como lóxica. Controla o centro do taboleiro, abre liñas tanto para a dama como para o bispo e conduce a un xogo aberto. 1. ... - e5 As negras responden simetricamente e fan un desafío directo nas casas centrais. 2. Cf3 Coa posible excepción de: 2. f4 que nos levaría ao Gambito de rei, este é o segundo movemento máis lóxico contra a resposta simétrica das negras para o peón de Rei. O cabalo ataca e5, abre o camiño ao rei para un enroque eventual e descansa na súa mellor casa defensiva. 2. ... - Cc6 Defendendo o peón de e5. Agora, se as brancas xogaran 3. Cc3 (en vez da Ruy López), xogaríase a Apertura dos Tres Cabalos. 3. Bb5 Este é o movemento de Ruy López. Está ideado para manter presión no centro das negras, a longo prazo. Se o Bispo do Rei fora atacado mediante 3. ... - a6, asumiría unha posición en b3 ou c2 para manter o foco de ataque no lado do Rei ou nas casas centrais. EstratexiaeditarAs brancas prepáranse para facer c3 e d4 buscando eliminar o peón e5 das negras. Coa súa última xogada apresúranse a enrocar e así dispor de Te1 contra algún intento negro sobre o seu peón e4 evitando facer xogadas como Cc3, d3 ou ata a máis fea De2 xa que todas estas entorpecerían o seu plan. Ademais como o ditan os canons do desenvolvemento coa súa última xogada ameazan con tomar o defensor do peón e farano en caso que as negras non sobreprotexan o devandito peón. FormulacióneditarA Apertura Ruy López ou Apertura española (ECO C60-C99) é a gran partida de xadrez. Todo xogador de xadrez debe xogar a Ruy López con brancas e con negras. Foi utilizada polo primeiro campión do mundo -oficioso-, o español Ruy López de Segura, a comezos do século XVI, e aínda hoxe practícase con asiduidade tanto entre os afeccionados como entre os grandes mestres. Ten grandes virtudes. Tras 1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 non só desenvolve unha peza, senón que se ataca á única peza desenvolvida do negro, a única que controla o centro, co que a pesar de que en b5 o bispo non controla directamente o centro, si o controla indirectamente. Ademais, se se entra na liña principal, con 3. ... - a6 o negro vese obrigado a debilitar o flanco de dama. Na Apertura española termínase en partidas desequilibradas nas que a pericia do xogador é esencial para gañar. VarianteseditarNon hai que perderse na gran cantidade de variantes, e xogar con lóxica. Convén dividir o estudo da Apertura Ruy López en dúas grandes variantes: as variantes sen 3. ... - a6, e as variantes con 3. ... - a6 Hai moitas xogadas razoables dispoñíbeis, pero normalmente a teoría divídeas en dous grandes grupos; aquelas onde as negras optan pola Defensa Murphy (3...a6) e as variantes onde moven algo diferente. Variantes sen 3. ... - a6editarA Apertura Ruy López sen 3. ... - a6 (ECO C60-C67) é o xeito máis antigo de xogar esta apertura. Hoxe en día esta non é moi popular, debido ás vantaxes que ten gañar espazo na á de dama con 3. ... - a6 pero é moi sólida, e aínda que non se gaña espazo no á de dama tampouco se crean debilidades. Das variantes enumeradas nesta sección a defensa Schielmann e a berlinesa son as máis populares, con predominio da primeira entre xogadores de club e a segunda entre grandes mestres.
Defensa Schliemanneditar1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - f5. A Defensa Schliemann (ECO C63), 3. ... - f5!?, é unha liña moi forte na que as negras intentan abrir a fila f para o ataque, con frecuencia sacrifican un peón ou dous. Este contraataque conduce a un xogo agudo onde o cálculo concreto adquire maior importancia que a estratexia. Ignorando a ameaza sobre e5 as negras intentan tomar o peón de e4 obtendo unha columna semiaberta para a súa torre logo dun pronto O-O. Considerado por moitos como algo dubidoso, non se refutou e utilízase en ocasións no xogo como unha arma sorpresa principalmente en grandes torneos. Esta variante xogouna Carl Jaenisch en 1847 polo que algunhas veces leva o seu nome. Aínda que máis tarde puxerónlle o nome do avogado alemán Adolf Karl Wilhelm Schliemann (1817-1872), a liña Schliemann foi desenvolvida efectivamente no decenio de 1860 esta era unha táctica na variante da Defensa Cordel (3. ... - Bc5 4. c3 - f5). Rudolf Spielmann xogouna como negro +6 = 5-1 o igual que Frank Marshall +9 = 8-4. Alexander Shabalov ten unha puntuación favorable en xogo internacional. Teóricos como Panov preferiron chamala variante Jaenisch. Defensa clásicaeditar1. e4 - e5 2. Cf3 - Cc6 3. Bb5 - Bc5. A Defensa clásica ou Defensa Cordel (ECO C64), xorde despois do movemento 3. ... - Bc5, sendo posiblemente o movemento máis antigo de defensa contra a Apertura Ruy López, hoxe en día é xogado ocasionalmente. A resposta máis común por parte das brancas é 4. c3, onde o negro pode elixir por xogar 4. ... - f5, chamado Gambito Cordel. Isto a miúdo leva a posicións moi desordenadas, o que fai que se use moito menos, en comparación con outras respostas mais razoables para o 4° movemento negro. Máis sólida parece 4. c3 - Cf6, levando 5. 0-0 - 0-0 6. d4 - Bb6 a Variante Benelux. A principal alternativa o movemento das brancas (4. c3) é 4. 0-0. Wilhelm Steinitz anotou +5 = 2-4 nesta variante. Boris Gulko tamén a xogou. O Gran Mestre australiano, Ian Rogers, anotou +7 = 4-1 en competición internacional. Defensa berlinesaeditar
|