Enroque rei

Enroque curto: O-O
Enroque do flanco de rei.

 

Enroque raíña

Enroque longo: O-O-O
Enroque do flanco de dama.

O enroque é unha xogada do xadrez que consiste nun intercambio de posicións entre o rei e algunha das torres. Esta xogada ocupa un movemento e para executala débese proceder coma segue: o rei desprázase dúas posicións sempre en dirección lateral, e logo a torre situada no curruncho lateral correspondente colócase entre onde estaba o rei e onde se colocou; se se tocara primeiro a torre xa non se podería facer este movemento.

O seu nome procede da antiga denominación da torre, o roque, que se usaba para realizar esta xogada. A súa realización só está permitida se se cumpren ó mesmo tempo as 5 seguintes condicións:

  1. A torre que se vai usar para enrocar aínda non se moveu nunca en todo o que a partida leva transcorrida.
  2. O rei tampouco se moveu nunca;
  3. As casas por onde ten que pasar o rei non poden estar ameazadas, nin tampouco a casa que vai ocupar.
  4. O rei non pode empregar o enroque se lle están dando xaque.
  5. Entre o rei e a torre non hai ningunha peza.

En notación alxébrica ponse 0-0 o enroque curto, que é o que se fai coa torre na á de rei, e 0-0-0 o enroque longo, que é que se fai coa torre na á de dama .


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xadrez é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.