Rumex pulcher
Rumex pulcher | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
|
Rumex pulcher L., coñecida como labaza ou lampaza, é unha especie da familia das poligonáceas.
Distribución e hábitat editar
Orixinaria da rexión mediterránea.[1] Estendida como maleza por todo o mundo en bosque baixo caducifolio, ás veces de bosque de piñeiro-aciñeira.
Descrición editar
É unha herba perenne, erguida, delgada, sen pelos. Chega a alcanzar un tamaño de 30 a 60 cm de alto. O talo con ramificacóns estendidas. Onde nace cada folla e rodeando o talo e ás veces a base do pecíolo, encóntrase a ócrea, que é un tubo membranoso, translúcido, que se rompe e desaparece pronto. As follas son alternas, as basais son oblongas, ás veces estreitándos preto da base (como a forma dun violín), de até 12 cm de longo, coa base xeralmente acorazonada e a marxe algo ondulada, sobre longos pecíolos, as follas superiores máis miúdas e coa base redondeada. As flores dispóñense en grupiños compactos, algo afastados uns doutros, ao longo de acios que en conxunto forman unha panícula grande na que se presentan unhas poucas follas reducidas. Tamén se presentan estes grupiños de flores nas axilas das follas superiores. As flores son verdosas ou arroibadas, moi pequenas. O froito é seco (un aquenio) e dunha soa semente, con 3 costelas, liso, envolto por 3 folliñas (son os 3 tépalos internos das flores que se modificaron), triangular, ás veces longamente triangular, reticulado, con longos dentes na beira e cun tecido groso, prominente, esbrancuxado, moi evidente; en conxunto dá a aparencia dun froito alado.
Taxonomía editar
Rumex pulcher fue descrita por Nikolaus Joseph von Jacquin e publicado en Enum. Stirp. Vindob. 62 1762.[2]
Rumex: nome xenérico que deriva do latín rŭmex, rumǐcis, xa recollido en Plinio o Vello para designar o xénero na súa época (quod... appellant, nostri vero rumicem, alii lapathum canterinum - que nós (os latinos) chamamos rumex, e outros lapathum canterinum) (XX, 85).
pulcher: epíteto latíno que significa "preciosa".[3]
- Variedades aceptadas
- Rumex pulcher subsp. anodontus (Hausskn.) Rech.f.
- Rumex pulcher subsp. cassius (Boiss.) Rech.f.
- Rumex pulcher subsp. raulinii (Boiss.) Rech.f.
- Rumex pulcher subsp. woodsii (De Not.) Arcang.
Nome común editar
- Galego: carvesa, carvés, herba alabarza, labarza, labaza, lampaza, llabasa, llabasar, llabasas, llabaza, llampaza, llampazas.[5]
Notas editar
- ↑ (Rzedowski e Rzedowski, 2001).
- ↑ "Rumex pulcher". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 12 de xuño de 2014.
- ↑ En Epítetos Botánicos
- ↑ Sinónimos en Tela Botánica
- ↑ Nomes de Real Jardín Botánico Arquivado 11 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rumex pulcher |