Rubén Juste
Rubén Juste de Ancos, nado en Toledo en 1985, é un sociólogo, investigador e consultor político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Rubén Juste de Ancos 1985 Toledo |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Española |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | Sociólogo, escritor e consultor político |
Empregador | Universidade Católica de Nossa Senhora de Assunção (pt) (2012–2013) Universidad Andina Simón Bolívar (en) , Associate Investigator (en) |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarRubén Juste é licenciado e doutor en Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou a súa tese doutoral sobre as portas xiratorias no IBEX 35.[1][2]
Debido á crise económica, emigrou a Australia tendo diversas ocupacións. Máis tarde trasladouse a Latinoamérica, instalándose primeiro en Paraguai, onde traballou na Universidade Católica Nuestra Señora de la Asunción e como consultor político para o Frente Guasú durante o mandato de Fernando Lugo até a súa destitución como presidente. Posteriormente tamén foi conselleiro para Avanza País. Deixou Paraguai para establecerse en Ecuador, traballando na Universidade Andina Simón Bolívar.[3]
Desde 2016 colabora en CTXT con diversas análises sobre a política económica histórica e actual.[4] En 2017 incorporouse como asesor do grupo político Unidos Podemos no Congreso.[5]
Obra
editarA investigación principal de Rubén Juste foi a estreita relación entre as elites políticas e económicas en España, analizando como estas relacións manexaron e manexan a política do país, desde os procesos de privatización das grandes empresas públicas, até a perda de soberanía cando esas mesmas empresas finalmente pasaron a pertencer a grandes capitais estranxeiros. Gran parte desta investigación, pioneira en España, está recollida no seu primeiro libro, IBEX 35. Una historia herética del poder en España.[6][7][8]
Libros
editar- IBEX 35. Una historia herética del poder en España (2017).[9]
- La nueva clase dominante. Gestores, inversores y tecnólogos. Una historia del poder desde Colón y el Consejo de Indias hasta BlackRock y Amazon (2020).[10]
Artigos destacados
editar- Hegemonía colorada y alternancia política en Paraguay: Los límites de la vitoria de Horacio Cartes. Revista Novapolis. 2014.
- Medios de comunicación, referencias nominales y poder en Paraguay. Revista Latina de Comunicación Social. 2014.
- El pueblo en movimiento: el proceso de democratización en América Latina como transformación constante. Un análisis del caso de Ecuador. Revista electrónica de estudios latinoamericanos. 2013.
- Redes de actores en medios de prensa. Una metodología para abordar la hegemonía en los medios de comunicación: el ejemplo de las elecciones de 2013 en Paraguay. Chasqui. Revista Latinoamericana de Comunicación. 2013.
Notas
editar- ↑ Rubén Juste: "La trama es un sistema de relaciones que permanece en el tiempo." Público. 15 de abril de 2017.
- ↑ Un toque de NBA para Podemos. El País. 25 de abril de 2017.
- ↑ Ruben Juste: “No soy el cerebro de Podemos, solo soy un apéndice”. Arquivado 01 de setembro de 2017 en Wayback Machine. Interviú. 21 de abril de 2017.
- ↑ Rubén Juste de Ancos – CTXT.
- ↑ Podemos ficha como asesor en el Congreso al autor del libro que usa para explicar 'la trama'. Eldiario.es. 18 de abril de 2017.
- ↑ El libro bomba sobre el Ibex 35 que interesa a Pablo Iglesias y Mario Conde. El Confidencial. 21 de febreiro de 2017.
- ↑ “El Ibex tomó el mando definitivamente en 2010 a través de un cambio radical en el Gobierno de ZP”. CTXT. 22 de febreiro de 2017.
- ↑ Rubén Juste: “El Ibex ha arriesgado demasiado y está muy metido en todas las tramas”. La Marea. 5 de marzo de 2017.
- ↑ Juste, Rubén (2017). IBEX 35. Una historia herética del poder en España. Capitán Swing. ISBN 978-84-945886-8-6.
- ↑ Juste, Rubén (2020). La nueva clase dominante. Gestores, inversores y tecnólogos. Una historia del poder desde Colón y el Consejo de Indias hasta BlackRock y Amazon. Arpa. ISBN 9788417623791.