Rubén Arroxo
político galego
Rubén Arroxo, nado en Lugo en 1985, é un político galego do BNG.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1985 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego ![]() |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarFormado como aparellador e tamén como adestrador de atletismo, tivo diversas responsabilidades dentro da organización xuvenil Galiza Nova e formou parte da candidatura do BNG nas eleccións municipais de Lugo. Pertenceu á plataforma Miño Si, Gasolineira Non[1]. Foi candidato polo BNG á alcaldía de Lugo nas eleccións municipais de 2015[2], repetindo de novo nas municipais de 2019[3]. Logo dun acordo de goberno entre o PSdeG e o BNG, Arroxo converteuse en tenente de alcalde após a constitución dos consistorios o 15 de xuño.
Notas
editar- ↑ A asamblea do BNG aproba a candidatura de Lugo, que encabeza Rubén Arroxo, nova aparecida en La Voz de Galicia o 26 de novembro de 2014.
- ↑ Rubén Arroxo, candidato do BNG en Lugo Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., Sermos Galiza decembro de 2014.
- ↑ "Rubén Arroxo: “En 2019 a pregunta ten que ser se o PSOE investirá ao BNG”"Lugoxornal, 12 de xuño de 2018
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Twitter do político.
- Rubén Arroxo, el cabeza de lista del BNG de Lugo a las municipales, dice tener como referencia a los concellos de Allariz y Pontevedra Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., nova na Cadena SER o 27 de novembro de 2014 (en castelán).