Roy Thomas Baker

Roy Thomas Baker, nado en Hampstead (Londres) o 10 de novembro de 1946, é un produtor musical, compositor e arranxador inglés. É directivo da Recording Academy e gañador de múltiples premios. Produciu diversos discos de rock e pop que chegaron a ser disco de ouro e disco de platino desde a década de 1970 ata hoxe.[1]

Roy Thomas Baker
Roy Thomas Baker by Tere Baker crop 2.jpg
Nacemento10 de novembro de 1946
Lugar de nacementoHampstead
NacionalidadeReino Unido
Ocupaciónprodutor musical, enxeñeiro de son e compositor de cancións
Na rede
http://www.roythomasbaker.com/
IMDB: nm0048890 Twitter: RoyThomasBaker Spotify: 5UnZl2Izl86NC6yfVwG0CT Musicbrainz: 574579db-bff6-4ba9-be08-28cff77e8980 Discogs: 164557 Allmusic: mn0000356868 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Baker comezou a súa carreira en Decca Records, en Inglaterra, aos 14 anos. Alentado polo produtor musical Gus Dudgeon, axiña cambiou a Trident Studios, onde traballou con grandes produtores musicais, como Gus Dudgeon, Tony Visconti, Mick Jagger e Keith Richards, e Frank Zappa, e con grupos como The Rolling Stones, David Bowie, The Who, Gasolin', Nazareth, Santana, Mothers Of Invention, Be Bop Deluxe, Free e T. Rex.

Logo de cofundar Neptune (compañía de gravación de Trident), Baker coñeceu un grup que sería coñecido como Queen. Comezou unha relación de traballo que acabou con cinco álbums e moitos premios, incluíndo un Grammy e o premio Récord Guiness ao mellor sinxelo: "Bohemian Rhapsody".

Vida persoalEditar

Baker vive nos Ánxeles e no seu estudio de gravación en Arizona. Está casado coa executiva do entretemento e exactriz Tere Baker.

NotasEditar