Ropalidia marginata
Ropalidia marginata | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ropalidia marginata | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Ropalidia marginata (Lepeletier, 1836) | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Ropalidia marginata é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos polistinos, tribo dos ropalidiinos, unha das numerosas integradas no xénero Ropalidia.
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1836 polo entomólogo francés Amédée Louis Michel Lepeletier.[1][2]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Ropalidia indica Vecht, 1941
- Vespa ferruginea Fabricius, 1793
Subespecies
editarDentro da especie distínguese as seguintes subespecies:[1]
- Ropalidia marginata jucunda (Cameron, 1898)
- Ropalidia marginata marginata (Lepeletier, 1836)
- Ropalidia marginata rufitarsis Vecht, 1941
- Ropalidia marginata sundaica Vecht, 1941
Distribución
editarRopalidia marginata encóntrase en Paquistán, a India, Sri Lanka, Sueste asiático e Australia. A súa área de distribución esténdese polo oeste até Paquistán e polo leste até Nova Guinea, Queensland e algunhas illas do Pacífico oriental.[3] R. marginata é a avespa social máis común na India.[4] Pero aínda que se estudou extensamente na India, falta bibliografía sobre este animal noutras partes da súa área de distribución.
Características
editarÉ primitivamente eusocial, non mostra o mesmo nesgo no coidado das crías como ocorre noutros insectos sociais con maior asimetría nas relacións.[5][6]
Esta especie emprega unha variedade de estratexias na fundación de colonias, ás veces con fundadoras únicas e, ás veces, en grupos de número variábel.[7] A raíña non usa o dominio físico para controlar ás obreiras; hai probas de que utilizan feromonas para evitar que outras obreiras superen a realeza.[8]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Ropalidia marginata (Lepeletier, 1836) no GBIF. Consultado o 29 de xullo de 2020.
- ↑ Ropalidia marginata (Lepeletier, 1836) en BioLib.
- ↑ Kojima, J., Lambert, K., Nguyen, L, & Saito, F. (2007): "Taxonomic notes of the paper wasps of the genus Ropalidia in the Indian subcontinent (Hymenoptera: Vespidae)". Entomological Science 10 (4): 373–393.
- ↑ Gadagkar, R., Gadgil, M., Joshi, N. & Mahabal, A. (1982): "Observations on the natural history and population ecology of the social wasp Ropalidia marginata (Lep.) from Peninsular India (Hymenoptera: Vespidae)". Proceedings of the Indian Academy of Sciences 91 (6): 539–552.
- ↑ van der Vecht, J. (1941). "The Indo-Australian species of the genus Ropalidia (Icaria) (Hym., Vespidae), first part". Treubia Deel 18: 103–190.
- ↑ van der Vecht, J. (1962). "The Indo-Australian species of the genus Ropalidia (Icaria) (Hymenoptera, Vespidae), second part". Zool. Verhandelingen 57: 1–71.
- ↑ Shakarad, M. & Gadagkar, R. (1995): "Colony founding in the primitively eusocial paper wasp, Ropalidia marginata (Lep.) (Hymenoptera: Vespidae)". Ecological Entomology 20: 273–282.
- ↑ Premnath, S.; Sinha, A. & Gadagkar, R (1996): "Dominance relationships in the establishment of reproductive division of labour in a primitively eusocial wasp Ropalidia marginata". Behavioral Ecology and Sociobiology 39 (2): 125–132.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ropalidia marginata |
Bibliografía
editar- Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
- Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
- Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
- Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
- Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
- O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
- Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
- Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.