Amédée Louis Michel Lepeletier
Amédée Louis Michel Lepeletier, tamén coñecido como Amédée Louis Michel Lepeletier, conde de Saint-Fargeau e Amédée Louis Michel Lepeletier de San Fargeau, e ás veces grafado Amédée Louis Michel Le Peletier, nado en París o 9 de outubro de 1770, e finado en Saint-Germain-en-Laye (Yvelines) o 23 de agosto de 1845, foi un naturalista e zoólogo francés especializado en entomoloxía (especielmente en himenópteros), e un colaborador da Encyclopédie.
Amédée Louis Michel Lepeletier | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 9 de outubro de 1770 |
Lugar de nacemento | París |
Falecemento | 23 de agosto de 1845 |
Lugar de falecemento | Saint-Germain-en-Laye, Yvelines |
Nacionalidade | francesa |
Ocupación | entomólogo, zoólogo e enciclopedista |
Pai | Michel Etienne Le Peletier de Saint-Fargeau |
Nai | Louise Suzanne Le Peletier de Beaupré |
Irmáns | Louis-Michel Lepeletier de Saint-Fargeau e Félix Lepeletier |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Era fillo do barón de Péreuse, primeiro presidente do Parlamento de París (institución francesa do Antigo Réxime). O seu irmán máis vello, Louis-Michel Lepeletier, formou parte dos Estados Xerais, e pasou das filas da nobreza ás do terceiro estado e, despois de votar a morte do rei, morreu asasinado. O seu outro irmán, Félix, participou na política tras este suceso. Pero Amédée non seguiu estes exemplos e preferiu dedicarse enteiramente á entomoloxía.
Foi o autor da Histoire naturelle des insectes hyménoptères que apareceu nas Suites à Buffon, cuxo derradeiro volume sería completado por Gaspard Auguste Brullé. Este foi o primeiro estudo xeral deste tipo de insectos ten unha extensión de 2 500 páxinas. Con Jean Guillaume Audinet-Serville asinou os artigos dedicados aos insectos na Encyclopédie.
Lepetelier foi membro fundador da Société entomologique de France, a máis antiga deste tipo no mundo, da que foi o seu arquiveiro en 1832 e o seu presidente o ano seguinte, sucedendo a Audinet-Serville.
Tamén foi membro de varias sociedades científicas, incluíndo a Société linnéenne de París, a Academia de Dijon, a Sociedade de Historia Natural de París, a Sociedade de Historia Natural de Moscova e a Sociedade de Historia Natural de Versalles.[1]
Algunhas obras editar
- Histoire naturelle des insectes. Hyménoptères, París, Nicolas Roret, 1836-1846.
Textos completos en liña:
Abreviaturas editar
- A abreviatura Le Pelet. emprégase pare recoñecer a Amédée Louis Michel Lepeletier como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[2]
- A abreviatura Lepeletier emprégase pare recoñecer a Amédée Louis Michel Lepeletier como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas editar
- ↑ Amédée Lepeletier de Saint-Fargeau (1836-1846). "Histoire naturelle des insectes hyménoptères" 1 (París: Nicolas Roret ed.). (Ler en liña)
- ↑ Le Peletier de Saint-Fargeau, Amédée Louis Michel (1770-1845) no IPNI.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amédée Louis Michel Lepeletier |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Amédée Louis Michel Lepeletier |