Ronnie Thompkins

baloncestista estadounidense

Ronnie Lee Thompkins, nado o 28 de setembro de 1967 en Jackson (Míchigan) e finado o 12 de setembro de 2003 en accidente de tráfico,[1] foi un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,02 metros de altura, xogaba na posición de pivote.

Ronnie Thompkins
Información persoal
Nacemento 28 de setembro de 1967
Jackson, Estados Unidos
Falecemento 12 de setembro de 2003 (35 anos)
Nova York, Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Instituto Sexton (Lansing, Míchigan)
Universidade Eastern Michigan (1987–1988)
Carreira 1991−2000
Historial de equipos
Mid-Michigan Great Lakers (1991−1992)
Avignon Basket-Ball (1992)
ALM Évreux (1992−1993)
Grand Rapids Hoops (1993)
ASA Sceaux (1993−1994)
Leopardos Bucaramanga (1994)
Breogán Lugo (ACB, 1994−1995)
Ampelokipoi (1995−1996)
Racing Paris (1996)
Panteras de Miranda (1996)
Racing Club Avellaneda (1996−1997)
Zagłębie Sosnowiec (1997−1999)

Traxectoria

editar

Formado en Fort Hayes State e Eastern Michigan, Thompkins xogou durante toda a súa carreira en diferentes equipos de todo o planeta. Chegou a xogar na Liga ACB da man do Breogán de Lugo. Con todo, a súa experiencia na categoría reduciuse a tan só seis partidos, sendo despedido despois dun incidente en Málaga. O xogador, despois dun encontro ante o Unicaja, acompañado dos seus compañeiros Cedric Glover e Tharon Mayes e con síntomas de embriaguez, negouse a pagar a factura dos seus gastos no hotel. Tras unha discusión cun empregado do estabelecemento hoteleiro, o pivote propinoulle unha puñada e empurrou, que acabou co home no chan. Thompkins colleu despois unha pedra para continuar coa agresión, mais foi detido polos seus compeñeiros. O empregado declarou que de non ser por Glover e Mayes, Thompkins teríao matado. O contrato do xogador foi rescindido inmediatamente. Tras xogar noutros moitos países, chegou a ser suspendido por consumo de substancias ilegais.[2] En 2003 faleceu por un accidente de tráfico, aínda que tamén hai quen sostén que foi atopado morto nun hotel por sobredose.[3][1]

  1. 1,0 1,1 Jiménez, Carlos (28 de setembro de 2003). "USA: El ex ACB Ronnie Thompkins muere a los 36 años". solobasket.com. 
  2. Ortiz Pérez, Javier (10 de febreiro de 2014). "Ronnie Thompkins: Imán para los líos (DEP)". endesabasketlover.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  3. Henson, Joaquin M. (5 de outubro de 2003). "Ex-import found dead". philstar.com. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar