Ron Jeremy Hyatt, nado en Long Island (Estado de Nova York) o 12 de marzo de 1953, é un actor porno estadounidense. Alcumado "The Hedgehog" (O Porcoespiño ou O Ourizo) polo seu "hirsutismo esférico", foi situado pola revista AVN no nº1 da súa lista das "100 Top Porn Stars of All Time" (Top 100 das Estrelas Pornográficas de tódolos tempos). Jeremy tamén ten feito aparicións en filmes non pornográficos con estudios como Troma Entertainment.

Modelo:BiografíaRon Jeremy

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de marzo de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Queens, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónQueens College - educación
Queens College - educación especial
Benjamin N. Cardozo High School Editar o valor en Wikidata
Altura168 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Cor do peloPelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema pornográfico, actor, empresario, guionista, actor pornográfico, autobiógrafo, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1979 Editar o valor en Wikidata -
Compañeiro profesionalSeka Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteAdult Film Index (en) Traducir,
Pornopedia (pt) Traducir, link=https://de.pornopedia.com/wiki/Ron_Jeremy, https://en.pornopedia.com/wiki/Ron_Jeremy, https://sv.pornopedia.com/wiki/Ron_Jeremy Editar o valor en Wikidata
Páxina webronjeremy.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000465 Allocine: 130846 Allmovie: p96020 TV.com: people/ron-jeremy
Twitter: realronjeremy Instagram: realronjeremy MySpace: ronjeremy BNE: XX1414251 iTunes: 65410420 Musicbrainz: f9390a4b-8775-4682-bad9-62f5c7305511 Songkick: 497697 Discogs: 541919 Allmusic: mn0000285794 Editar o valor en Wikidata

Gañou certa notoriedade por ser capaz de realizar autofelacións (sendo na película Inside Seka a súa primeira demostración na pantalla), se ben nunha entrevista de 2003 declarou que polo aumento de peso xa só pode bicar a punta do seu pene.

Traxectoria

editar

Jeremy naceu no seo dunha familia xudía de clase media alta. O seu pai Arnold foi un físico, e a súa nai unha redactora de libros, traballando ambos na O.S.S. durante a segunda guerra mundial, ó falar ela alemán e francés.

Jeremy describiu a súa infancia como "o neno de en medio que ansia a aceptación universal e a aprobación".

Asistiu á Cardozo High School en Bayside, Queens. O antigo director da CIA, George Tenet e o actor Reginald VelJohnson foron compañeiros seus de clase. Licenciouse en educación e teatro e conseguiu unha mestría en educación especial no Queens College da Universidade da Cidade de Nova York. Tamén é membro da fraternidade internacional Tau Kappa Epsilon. Impartiu clases de educación especial na área de Nova York e foi profesor substituto para as clases regulares.

Carreira fílmica pornográfica

editar

Deixou o ensino (describiuse como un "as no burato") para traballar como actor en Nova York, e di que descubriu o gusto por non facer diñeiro como actor mentres "pasou fame no Off Broadway". Jeremy posou para Playgirl despois de que a súa entón moza presentara a súa foto á revista. A súa primeira aparición nun filme pornográfico foi nunha película de Chuck Vincent chamada Snap (aínda que máis tarde pasou a se titular COD. Comezou a usar o seu primeiro e segundo nome na industria adulta, despois da súa avoa Rose ser molestada por xente que a chamaba pensando que chamaban a Ron.

Bill Margold alcumouno "O Porcoespiño" despois dun accidente no set de Olympic Fever, filmada en 1979. Jeremy chegara en avión desde o estado de Nova York para filmar a película e se vestira con camiseta e pantalóns, esperando o momento ardente. Durante o seu paseo en motocicleta ata o set, localizado nas proximidades do lago Arrowhead nas montañas de California, o tempo empeorara, cunha xistra que o arrefriou ata levalo a unha hipotermia. Para chegar ó set, Jeremy foi levado inmediatamente a unha ducha quente. Ó rematar, a súa pel adquirira unha tonalidade rosada polo cambio extremo de temperatura, e os pelos do seu corpo estaban ourizados durante o final. Os comentarios de Margold sobre Jeremy despois da ducha foron "É vostede un ourizo, meu amigo. Un paseo, ourizo parlante".

Jeremy aparece no Libro Guinness dos récords por "Most Appearances in Adult Films" (Máis Aparicións en películas para adultos). A súa entrada na Internet Adult Film Database (IAFD) enumera máis de 1900 películas nas que actuou e 264 que dirixiu. Como mostra comparativa, John Holmes —a seguinte estrela masculina máis aproximada no AVN Top 50 porn stars,— só ten 384 entradas como actor de películas na IAFD.

Por un tempo, foi desprazado á "lista negra" da industria porno. Unha broma moi famosa dentro da industria naquel tempo foi “os actos kinkier que algunhas actrices non realizarían eran a bestialidade, o sadomasoquismo e o sexo con Jeremy”. Jeremy engordara considerablemente, e como os deportes non eran o seu, conservou un grande abdome, e a diferenza dalgúns dos seus colegas estrelas pornográficas masculinas, estaba totalmente fóra de forma. Porén, desde entón foi recoñecido polas súas contribucións á industria adulta, sendo investido tanto no Corredor da fama de AVN como no da XRCO. Tamén o traballo de Jeremy fíxolle gañar un punto no Adult Star Path of Fame (Sendeiro da Fama das Estrelas para Adultos) situada en Edison, Nova Jersey.

Aparicións non pornográficas

editar

Fóra da industria das películas para adultos, Jeremy traballou como “consultor especial” para a película de 1986 9½ Weeks. Tamén traballou como consultor na película de 1997, Boogie Nights, que narra a aparición da estrela porno ficticia Dirk Diggler (Mark Wahlberg), e apareceu na película de 1999 The Boondock Saints.

Tamén apareceu como extra en Ghostbusters (1984), interpretou a un anunciador de club de stripper masculino en Detroit Rock City, tivo un breve cameo en Killing Zoe, e representou a un malo principal en Orgazmo.

Televisión

editar

Jeremy apareceu na segunda temporada de A Vida Surrealista, un reality show de VH1, xunto con Vanilla Ice, Tammy Faye ou Erik Estrada entre outros, e na novena temporada de "Surreal Life Fame Games" (As Olimpiadas da Vida Surrealista), onde acabou en segundo lugar, detrás de Traci Bingham. Tamén apareceu nun episodio de Chappelle's Show, de Comedy Central. Tamén apareceu en Bullshit! de Penn and Teller, en episodios nos que falaba da ampliación e circuncisión do pene.

Jeremy tamén está implicado como cómico de repetición ("running gag") en Jim Rome Is Burning de ESPN e The Jim Rome Show de Premiere Radio Networks. Rome, que normalmente despreza a industria do porno, ten un respecto recentemente descuberto por Jeremy por gravar a presentación dun programa dicindo "Este é Ron Jeremy, o adestrador dos Miami Heat, e estás vendo a Jim Rome Is Burning". Isto é unha referencia á asombrosa semellanza de Jeremy con Stan Van Gundy, antigo adestrador dos Miami Heat.

Música

editar

Jeremy apareceu en 14 vídeos musicais, máis que calquera outro actor porno. Estivo en vídeos de Sublime, Mercury Rev, Moby, Kid Rock, Everclear, Sam Kinison, Guns N' Roses, Rottweiler Hundar e A Day To Remember. Ademais, lanzou un sinxelo de rap chamado "Freak Of The Week" que estivo nas listas de Billboard durante 27 semanas.

Vídeo

editar

Jeremy comezou recentemente a aparecer nunha serie de vídeos virais facendo mofa do sitio web de video sharing Heavy.com. Os vídeos amosados inclúen entre outros a lonelygirl15, Little Superstar.

Anuncio publicitario

editar

Como unha remota indicación do seu estado de celebridade polifacética, Jeremy posou para un anuncio de People for the Ethical Treatment of Animals (PETA) para levantar a conciencia da superpoboación de animais domesticados. No cartel Ron aparenta estar parcialmente nu sobre unha cama, cun par de esposas arredor das bonecas. Ríndose da súa prolífica notoriedade, o título do anuncio exclama "Too much sex can be a bad thing. Spay and neuter your cats and dogs" (Demasiado sexo pode ser unha cousa mala. Esteriliza e neutraliza ós teus gatos e cans).

Libros

editar

Jeremy escribiu as súas memorias coa axuda dun "negro" (escritor pantasma). O libro, titulado "Ron Jeremy: The Hardest (Working) Man in Showbiz", foi publicado por HarperCollins en febreiro de 2007.

Discurso público

editar

En 2005 Jeremy apareceu nos medios cando foi invitado a dirixir a Oxford Union. Segundo o bibliotecario da unión, Vladimir Bermant, "Ron é o máis grande e ó parecer o mellor no seu negocio, entón estou seguro de que terá algunhas historias fascinantes para contar". O seu discurso, defendendo a pornografía, foi ben recibido [1][2] .

En 2006 comezou unha serie de debates sobre o Pastor Craig Gross, fundador dun sitio web antipornografía [3], visitando varios campus de colexios e universidades como parte do "Porn Debate Tour" [4] .

Filmografía parcial

editar

Dirixido por John Frankenheimer

Premios

editar
  1. "Banging on at Oxford". World News (en inglés). The Sydney Morning Herald. martes 1 de marzo de 2005. Consultado o 25 de decembro de 2006. 
  2. Matt Trueman (Jueves 5 de maio de 2005). "At It Like 'The Hedgehog'". The Oxford Student (en inglés). Oxford Student Services Limited. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2006. Consultado o 25 de decembro de 2006. 
  3. "XXX Church.com The #1 Christian Porn Site" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2007. 
  4. Jacob Watta (Martes 7 de novembro de 2006). "Jeremy, Gross to grapple with issue of pornography". Accent (en inglés). The Penn. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 25 de decembro de 2006. 
  5. Peter Warren (sábado 24 de xuño de 2006). "About the 2006 FAME Awards" (en inglés). AVN. Archived from the original on 22 de abril de 2012. Consultado o 24 de xuño de 2006. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar