Roland Dubillard

actor francés (1923-2011)

Roland Dubillard, nado o 22 de decembro de 1923 en París e finado o 14 de decembro de 2011 en Vert-le-Grand,[1] é un escritor, dramaturgo e actor francés.

Infotaula de personaRoland Dubillard
Biografía
Nacemento(fr) Roland Henri Dubillard Editar o valor em Wikidata
2 de decembro de 1923 Editar o valor em Wikidata
VII Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte14 de decembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Vert-le-Grand, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , actor de cinema , dramaturgo , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

IMDB: nm0239286 Allocine: 6003 Allmovie: p136635
Discogs: 4732613 Editar o valor em Wikidata

A súa obra literaria inclúe pezas teatrais, relatos, poesía, ensaios e un diario. Adoita botar man do absurdo cun estilo moi sutil que algunhas teorías vencellan, en certo sentido, con Eugène Ionesco e Samuel Beckett.

En 1987 o seu traballo creativo foi truncado por un ictus, tras o cal ficou hemipléxico.

Traxectoria editar

Xa dende moi novo, escribiu poemas (difundidos por Raymond Queneau en 1945), novelas curtas e un conto, Les aventures merveilleuses de Michele Ange, en 1945.

Mentres cursaba estudos de filosofía na Sorbona, en 1943 ingresou na Maison des Lettres, dirixida por Pierre-Aimé Touchard. Como membro do Groupe de Théâtre Moderne, escribiu e representou pezas curtas, que el mesmo cualificou como sketches, entre elas, Conjoncture e Le Miracle de Sainte Agnès. En 1944 coñeceu a Michèle Dumézy, con quen casou. Tiveron dous fillos, Jérôme e Stéphane.

En 1946, Roland fixo o servizo militar no Théâtre aux Armées, en Austria. Alí escribiu e representou Il ne faut pas boire son prochain, xunto con André Voisin.[2]Ao seu regreso a París, formouse, coa súa dona Michèle, nos cursos da EPJD (Education Par le Jeu Dramatique), dirixida por Jean Vilar, Jacques Dufilho, o mimo Marcel Marceau e o coreógrafo Loudolf Child.

Desde 1947, por petición de Jean Tardieu, director do Club d'Essai de la Radiodiffusion Française, escribe informativos radiofónicos. Tamén crea programas como L'Urbanisme ou Matière et mémoire, e sketches escritos e representados con Pierre Dumayet e transmitidos por François Billetdoux.

Os sketches Grégoire e Amédée foron creados para a radio a petición de Agathe Mella a partir de 1953. Narrados cada día por Roland Dubillard (Grégoire) e Philippe de Chérisey (Amédée) e escritos por eles, emitíanse polas noites en Paris Inter. O grande éxito que acadaron deu a coñecer os autores. Fixeron un espectáculo de cabaret, representado, entre outras salas, en La Tomate e na Fontaine des Quatre Saisons (na actualidade, Museo Maillol) até 1955.

En 1976 Dubillard reuniu os seus sketches no volume Les Diablogues. Foron representados decote, en especial por François Morel e Jacques Gamblin. O espectáculo valeulle a Roland Dubillard un Premio Molière ao mellor dramaturgo en 2008. En 2010 o espectáculo foi representado por primeira vez por dúas actrices, Muriel Robin e Annie Grégorio.

En 1949 escribiu unha primeira versión da obra Où boivent les vaches, creada en 1972 pola compañía Renaud/Barrault. Ao mesmo tempo, escribiu Les Campements (1949, editada en 1974) e dous ensaios: Confessions d'un fumeur de tabac français (1950, publicado en 1974) e Méditation sur la difficulté d'être en bronze (1951, publicado en 1972).

En 1952 escribiu Si Camille me voyait, unha opereta sen música para radio, emitida por Yves Le Gall. Foi representada no Théâtre Babylon en maio de 1953 e publicada en 1971. Ese mesmo ano escribiu Naïves Hirondelles, representada en 1961 en París no Théâtre de Poche Montparnasse por Arlette Reinerg.

A partir de 1962 escribiu obras como Le jardin aux betteraves ou Les Crabes.

Actuou en varias películas: Les Compagnons de la marguerite (1967), Le Témoin (1978) e La Grande Lessive (!) (1968), de Jean-Pierre Mocky. Xunto con Bourvil e Francis Blanche, forman un trío tan poético como divertido. En 1972 fixo un papel dramático moi destacado en Quelque part quelqu'un, a primeira longametraxe de Yannick Bellon, pola que recibiu o Gran Premio de interpretación masculina francesa da Académie du Cinéma «Étoiles de cristal» en 1973.

Despois viñeron filmes como Les vécés étaient fermés de l'interieur (1976) de Patrice Leconte ou Polar (1984) de Jacques Bral. Neste, Dubillard interpreta un xornalista burlón, alcólico e anarco-melancólico, co que supera a Jean-François Balmer, o protagonista do filme, en misterio e nivel.

En 1975 casou coa actriz franco-alemá Maria Machado, con quen traballaría en varias ocasións.

A súa filla Ariane, nada da súa relación con Nicole Ladmiral, é actriz e cantante.

Dubillard ficou hemipléxico en 1987 tras un ictus. Fíxose cargo del a asociación La roue tourne, que atende artistas que sufriron problemas serios de saúde ou se atopan nunha situación precaria. Os seus amigos actores Jean Tissier (en 1972) e Marco Perrin (en 1983) enfrontaron os mesmos problemas de saúde, e tamén foron atendidos pola asociación.

Está enterrado no cemiterio de Montparnasse, na sección 27, dentro do cemiterio pequeno.

Obras editar

Coleccións de poemas editar

  • Je dirai que je suis tombé (1966)
  • La Boîte à outils (1985)

Novelas curtas e coleccións delas editar

  • Négligence
  • Olga ma vache (1974)
  • Campements (1974)
  • Madame fait ce qu'elle dit ou machine d'un jardin (relato, 2008)

Ensaios editar

  • Méditation sur la difficulté d’être en bronze (1972)
  • Confessions d’un fumeur de tabac français (1974)
  • Carnets en marge (diario íntimo, 1998)

Guións editar

Emisións de radio editar

1947/1951 editar

  • L'urbanisme
  • L'indicible objet
  • Le micro savant
  • Les extrêmes se touchent
  • Musique et langage
  • Matière et mémoire

Outras editar

Pezas teatrais editar

  • Si Camille me voyait… (1953)
  • Naïves hirondelles (1961)
  • La Maison d'os (1962)
  • Le Jardin aux betteraves (1969)
  • Les Crabes ou les hôtes et les hôtes (1971)
  • Où boivent les vaches (1973)
  • Les Diablogues et autres inventions à deux voix (1975)
  • Le Bain de vapeur (1977)
  • Les Chiens de conserve (1978)
  • Chiens sous la minuterie (1986)
  • Il ne faut pas boire son prochain: fantaisie monstrueuse en quatre tableaux (1997)
  • Les Nouveaux Diablogues (1998)
  • Le Gobe-douille et autres diablogues (2000)
  • Dialogue puéril (2002)
  • Madame fait ce qu'elle dit (2008)

Teatro editar

Representacións como actor editar

  • Treize pièces à louer (1951)
  • Si Camille me voyait (1953)
  • Naïves Hirondelles (1961)
  • La Maison d'os (1962)
  • Le Jardin aux betteraves (1969)
  • Massacrons Vivaldi (1970)
  • Haggerty, où es-tu? (1971)
  • Où boivent les vaches (1972)
  • Les Diablogues (1975, 1976)
  • Le Bain de vapeur (1977)
  • Chiens sous la minuterie (1986)
  • Il ne faut pas boire son prochain (1997)

Como director editar

Filmografía editar

Cinema editar

Curtametraxes editar

Guionista editar

Televisión editar

Locucións editar

Premios editar

Distincións editar

  • Cabaleiro da Lexión de Honor
  • Comendador da Orde das Artes e as Letras

Galardóns editar

Notas editar

  1. "Roland Dubillard est mort. L’auteur dramatique, maître de l’absurde et de l’humour triste, avait 88 ans.". bibliobs.nouvelobs.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 12 de febreiro de 2022. 
  2. André Voisin : écrivain et peintre français, ancien directeur des programmes de l'ORTF Notice sur BnF.fr
  3. "Poker tournant". INA. Consultado o 10 de setembro de 2019. 

Ver tamén editar

Bibliografía editar

  • Robin Wilkinson, Le Théâtre de Roland Dubillard, essai d'analyse sémiologique, Berne, P. Lang, 1989
  • Charlotte Escamez, Roland Dubillard et le comique, París, l'Harmattan, 2003

Ligazóns externas editar