Patrice Leconte, nado en París o 12 de novembro de 1947, é un director de cinema, guionista e actor francés.

Infotaula de personaPatrice Leconte

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstitut des Hautes Études Cinématographiques (pt) Traducir (1967–)
La Fémis (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,78 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , debuxante de banda deseñada , actor de cinema , director de televisión , director de cinema , guionista , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1977 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorEurope 1 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0496312 Allocine: 1049 Allmovie: p99108 TCM: 517583
Discogs: 2666794 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Leconte naceu en París, mais criouse en Tours, onde desde os catorce anos realizou pequenos filmes como afeccionado.[1] Volveu a París en 1967 para estudar cinema no IDHEC (Institut des Hautes Études Cinématographiques) sen rematar a carreira. A finais da década de 1960, escribiu críticas na revista cinematográfica Cahiers du cinéma e de 1970 a 1974 traballou como debuxante na revista Pilote, mentres realizaba algunhas curtametraxes e numerosos anuncios publicitarios para televisión.[2]

Dirixiu a súa primeira longametraxe en 1975, Les vécés étaient fermés de l'intérieur, unha adaptación dunha banda deseñada de Gotlib que a pesar de contar con protagonistas tan recoñecidos como Jean Rochefort e Coluche supuxo un rotundo fracaso. Dedicou os tres anos seguintes á banda deseñada e á publicidade ata o seu encontro cos actores da compañía do café-teatro Splendid, dos que adaptou ao cinema a obra Amour, coquillages et crustacés baixo o título Les bronzés (1978), filme protagonizado por algúns dos actores da compañía (Michel Blanc, Christian Clavier, Josiane Balasko, Thierry Lhermitte, Gérard Jugnot). O filme foi un enorme éxito comercial e propulsou a fama deses actores que ata entón se movían no teatro alternativo. Porén, este éxito e o da súa secuela o ano seguinte, Les bronzés font du ski, cuñaron a Leconte como un realizador popular de comedias de éxito, un selo do que tardou en liberarse.[2]

As comedias seguintes gozaron de éxito comercial, mais a crítica permaneceu relativamente fría ata a estrea de Les Spécialistes (1985), que foi un fito tanto comercial como de crítica. O seu seguinte filme, Tandem (1986), confirmou a Leconte como un realizador maduro e recoñecido pola crítica, cun rexistro máis amplo.[2]

A súa primeira chegada ao público internacional foi en 1989 co filme Monsieur Hire, que se exhibiu no Festival de Cannes[3] e que continuou con certa ruptura cos seus primeiros traballos. Continuou con Le mari de la coiffeuse (1990) que o situou definitivamente entre os directores internacionais máis prestixiosos.[4] Aínda que xa nesa época dirixira máis de media ducia a crítica estranxeira, que descoñecía a súa traxectoria, tratouno como acabado de chegar. Desde entón alternou filmes como Ridicule ou L'Homme du train, de grande éxito internacional[5] e un amplo orzamento, con filme máis independentes como Les Grands Ducs ou Voir la mer, cunha distribución limitada só a Francia. En 2012, volveu ao mundo da banda deseñada para dirixir un filme de animación, Le Magasin des suicides, cun guión escrito adaptando a novela homónima do escritor francés Jean Teulé.

Traballou esporadicamente como actor e foi guionista de varios dos seus filmes.

Filmografía editar

Ano Título Notas
1969 L'Espace vital Curtametraxe
1971 Le Laboratoire de l'angoisse Curtametraxe
1973 La Famille heureuse (Famille Gazul) Curtametraxe
1976 Les vécés étaient fermés de l'intérieur
1978 Les Bronzés
1979 Les Bronzés font du ski
1981 Viens chez moi, j'habite chez une copine
1982 Ma femme s'appelle reviens
1983 Circulez y'a rien à voir
1985 Les Spécialistes
1987 Tandem
1988 Sueurs froides Serie de televisión (1 episodio)
1989 Monsieur Hire
1990 Le Mari de la coiffeuse
1991 Contre l'oubli Segmento "Pour Alexandre Goldovitch, URSS"
1992 Le batteur du Boléro Curtametraxe
1993 Tango
The King of Ads Documental
Segmento "Pilote commercial"
1994 Le Parfum d'Yvonne
1995 Lumière et Compagnie Documental
Segmento "La Ciotat 1996"
1996 Les Grands Ducs
Ridicule
1998 Une chance sur deux
1999 La Fille sur le pont
2000 La Veuve de Saint-Pierre
2001 Félix et Lola
2002 Rue des Plaisirs
L'Homme du train
2004 Confidences trop intimes
Dogora: Ouvrons les yeux Documental
2006 Les Bronzés 3
Mon meilleur ami
2007 Trac Curtametraxe
Dix films pour en parler Curtametraxe
2008 La Guerre des miss
2011 Voir la mer
2012 Le Magasin des suicides Filme de animación
2013 Une promesse
2014 Une heure de tranquillité
2019 Salauds de pauvres Filme de episodios
2022 Maigret

Notas editar

  1. "Patrice Leconte". www.staragora.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de maio de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Downing, Lisa (2004). "I - The making of a director". Patrice Leconte (en inglés). Manchester University Press. pp. 8–34. ISBN 9780719064258. 
  3. "Festival de Cannes: Monsieur Hire". festival-cannes.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 2009-08-01. 
  4. Ryan Mottesheard: Arms Wide Open: Patrice Leconte Talks About "Intimate Strangers in IndieWIRE, 30 de xullo de 2004
  5. McNary, Dave (7 de setembro de 2006). "Foreign-language fare lost in B.O. translation". Variety. Arquivado dende o orixinal o 9 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar