Roi
nome masculino
Roi[1][2] é un nome propio masculino galego. Orixinariamente era unha forma apocopada de Rodrigo,[3] que deriva do nome de orixe xermánica Roderick, cuxo significado literal é "famoso pola gloria". En galego tamén ten as variantes Ruí, Rui e Roí.[2]
En xaneiro de 2023 existían 2.423 varóns en Galicia co nome Roi, cunha media de idade de 15,6 anos,[4] e 72 co nome Rui, cunha media de idade de 23,4 anos.[5]
Personaxes famosos
editar- Roi Gomez de Briteiros, trobador portugués (s. XIII);
- Roi Paez de Ribela, poeta e cabaleiro galego ou portugués (s. XIII);
- Roi Queimado, trobador portugués (s. XIII);
- Roi Martinz do Casal, trobador portugués (s. XIII-XIV);
- Roi Xordo, fidalgo medieval galego (s. XV);
- Roi Casal, cantante galego (n. 1980);
- Roi Vidal, músico e poeta galego (n. 1982);
- Roi Méndez Martínez, cantante galego (n. 1993)
Noutras linguas
editarVariantes noutras linguas | |
Alemán | Roderich |
Árabe | لذريق (Ludhriq) |
Castelán | Rodrigo |
Catalá | Roderic |
éuscaro | Edrigu, Errodeika |
Francés | Rodrigue |
Galés | Rhodri |
Húngaro | Rodrigó |
Linguas eslavas | Roderik, Roderyk, Rodryg, Rurik |
Linguas xermánicas | Roderic, Roderich, Roderick, Roderik, Ruderic |
Inglés | Roderick |
Irlandés | Ruaidhrí, Ruairí, Ruaraidh, Rudhraighe |
Italiano | Roderico, Roderigo, Rodrico |
Latín | Rodericus, Ruricus |
Portugués | Rodrigo ou Rui |
Notas
editar- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
- ↑ Ferro Ruibal, Xesús (1992): Diccionario dos nomes galegos, Ir Indo, p. 454
- ↑ Nome Roi na Web do Intituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Rui na Web do Intituto Galego de Estatística