Roger Ducret

esgrimista francés

Roger François Ducret, nado en París o 2 de abril de 1888 e finado na mesma cidade o 8 de xaneiro de 1962, foi un tirador de esgrima francés, gañador de oito medallas olímpicas.

Roger Ducret
Nacemento2 de abril de 1888
Lugar de nacementoParís
Falecemento8 de xaneiro de 1962
Lugar de falecementoParís
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónesgrimista
Na rede
WikiTree: Delagrange-64
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Especialista nas tres modalidades de esgrima: florete, espada e sabre, participou aos 32 anos nos Xogos Olímpicos de 1920 celebrados en Antuerpen, gañando a medalla de prata na proba por equipos e a medalla de bronce na proba individual de florete. Participou tamén na proba individual de espada, aínda ben que non tivo éxito. Nos Campionatos do Mundo de 1923 levou unha medalla de bronce en espada individual, a única da súa carreira nestas competicións. Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París converteuse no gran vencedor da esgrima, ao gañar cinco medallas nas cinco probas disputadas: a medalla de ouro nas probas de florete individual e por equipos, así como na proba de equipos de espada; e a medalla de prata na proba individual de espada e na individual de sabre. Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan logrou gañar unha nova medalla de prata na proba por equipos na modalidade de florete, finalizando quinto na proba de sabre por equipos, oitavo en sabre individual e noveno en florete individual.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar