Rodrigo Conde Romero, nado en Moaña o 3 de setembro de 1997, é un remeiro galego. Foi subcampión do mundo de remo en 2022 e dúas veces subcampión europeo, todas na modalidade de dobre scull.

Infotaula de personaRodrigo Conde

(2018) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Rodrigo Conde Romero Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 1997 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Moaña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónremeiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Deporteremo Editar o valor em Wikidata

Instagram: rodrigo_conderomero Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a remar aos 8 anos na Sociedade Deportiva Tirán[1] en traíñeiras (banco fixo), onde o seu adestrador foi Pablo Gutiérrez. En categoría infantil proclamouse campión de España coa embarcación de Tirán[2]. Máis adiante, da man do adestrador Arturo Abruñedo, marchou a Vigo para remar en banco móbil[3].

En 2014 comezou a representar a España, estando aínda en categoría júnior, e acudiu aos mundiais na proba de 8 sen temoneiro. Ao ano seguinte (2015) compite tamén nos mundiais júnior, pero en 4 sen temoneiro.

En febreiro de 2016 comezou a remar con Adriá Mitjavila na categoría de dobre scull (os remeiros bogan con cadanseus dous remos) no peso lixeiro, vogando Conde a popa. Xuntos participaron ese ano no memorial Paolo D'Aloja en Italia, na copa do Mundo absoluta de Varese (onde acadaron un quinto posto) e nas repescas para os Xogos Olímpicos do Río, para os que ao cabo non conseguiron a praza. Con todo, en agosto dese ano si gañaron o seu primeiro gran título, o mundial sub-23,[1] no peso lixeiro do dobre scull, en Róterdam. Naquel tempo pertencía ao club de remo Robaleira, da Guarda.[4]

Ao ano seguinte, 2017, e facendo parella con Jordi R. Orofino, obtiveron o bronce no mundial sub-23 de Plovdiv. En 2018, no mundial sub-23 de Poznań, recuncou no ouro, nesta ocasión canda Manel Balastegui.[3] Xunto a Patricio Rojas ese mesmo ano participou nos mundiais absolutos, onde non pasaron do sexto posto, de novo en Plovdiv. En 2019 pasou á categoría absoluta e volveu remar con Balastegui, sendo quintos no mundial de Ottensheim.

En 2020, remando con Belastegui pero neste caso de proeiro, conseguiron praza para os Xogos Olímpicos de 2020 (celebrados en 2021 en Toquio), aos que Conde renunciou,[5] aducindo como causa a esixencia de baixar de peso para poder competir na categoría de peso lixeiro.[6] De feito, xa en 2021 pasou a competir en categoría aberta, é dicir, sen límite de peso: facendo de proeiro na embarcación de dobre scull con Aleix García, pasaron á final C no europeo e non se clasificaron para os Xogos.

Ao ano seguinte, en 2022, Aleix García e mais Conde (que regresaba á súa posición clásica na popa), conseguiron o bronce na Copa do Mundo[7] e unhas semanas máis tarde a prata no Europeo de remo de Múnic.[8] Ese mesmo ano, a parella proclamouse subcampioa do mundo nos Campionatos celebrados na cidade checa de Račice.[9]

En marzo de 2024 a Federación Española de Remo confirmou que Rodrigo Conde e Aleix García participarían nos Xogos Olímpicos de 2024 en París, despois de que a parella lograse unha praza para España o ano anterior ao meterse na final do Mundial.[10][11] Antes da cita olímpica, o dúo conseguiu en Szeged o seu segundo subcampionato europeo, ao rematar só por detrás dos romaneses Andrei-Sebastian Cornea e Marian Enache.[12]

Vida persoal

editar

En 2014 marchou adestrar ao centro de alto rendemento de Banyoles[4], e logo a Sevilla, onde estivo vivindo ata 2019[13].

  1. 1,0 1,1 Piñeiro, X.M. (2016-09-18). "“O remo en banco móbil exixe a perfección”". Nós Diario. Consultado o 2022-08-15. 
  2. D.C., J. (2018-08-01). "Rodrigo Conde, un Nadal del remo". Atlántico (en castelán). Consultado o 2022-08-15. 
  3. 3,0 3,1 Collarte, César (2018-07-31). "Rodrigo Conde "Es una sensación brutal estar a este nivel"". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-08-15. 
  4. 4,0 4,1 Vázquez Fraga, Miriam (2016-08-27). "El remero moañés Rodrigo Conde, campeón del mundo sub-23". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2022-08-15. 
  5. "Rodrigo Conde renuncia al peso ligero con plaza olímpica: "No me compensa seguir haciendo locuras para perder kilos"". MARCA (en castelán). 2021-02-28. Consultado o 2022-08-15. 
  6. Carrazoni Mier, Yuri (11 de xullo de 2024). "Rodrigo Conde, o remeiro que renunciou a uns Xogos para volver máis forte: "Non vía o dano que me facía até que pensei en deixalo"". Nós Diario. 
  7. "Rodrigo CONDE ROMERO". World Rowing (en inglés). Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  8. "El moañés Rodrigo Conde, plata en los Europeos de Múnich". Diario de Pontevedra (en castelán). 2022-08-14. Consultado o 2022-08-15. 
  9. "Rodrigo Conde logra la medalla de plata en el Campeonato del Mundo". Faro de Vigo (en castelán). 25 de setembro de 2022. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  10. "Rodrigo Conde ya está en París". Faro de Vigo (en castelán). 6 de marzo de 2024. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  11. "El moañés Rodrigo Conde logra plaza olímpica para España al meterse en la final del Mundial" (en castelán). 8 de setembro de 2023. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  12. "El doble scull de Aleix García y Rodrigo Conde, plata en el Europeo". Marca (en castelán). 28 de abril de 2024. Consultado o 20 de xullo de 2024. 
  13. "Rodrigo Conde: «Del remo se puede vivir»". La Voz de Galicia (en castelán). 2019-11-11. Consultado o 2022-08-15.