Rodopsinas bacterianas

As rodopsinas bacterianas son unha familia proteica de opsinas procarióticas. Son proteínas de tipo retinilideno (que se unen ao retinal), que realizan un transporte de ións dependente da luz e funcións sensoriais nun grupo de arqueas halófilas, as halobacterias[1][2] e outros procariotas. Son proteínas integrais de membrana con sete hélices transmembrana, a última das cales contén o lugar de unión (unha lisina conservada) para o retinal.

Rodopsinas bacterianas
1m0l opm.png
Trímero de bacteriorrodopsina
Identificadores
SímboloBac_rhodopsin
PfamPF01036
InterProIPR001425
PROSITEPDOC00291
SCOPe2brd / SUPFAM
TCDB3.E.1
OPM superfamily6
OPM protein1vgo

As proteínas deste tipo de halobacterias inclúen a bacteriorrodopsina e a arquerrodopsina, que son bombas de protóns impulsadas pola luz, a halorrodopsina, que é unha bomba de cloruros impulsada pola luz, e a rodopsina sensorial, que media nas respostas de fotoatracción (cara á luz vermella) e fotofobia (cara á luz ultravioleta). Noutras arqueas, bacterias e mesmo en eucariotas atópase a proteína desta familia proteorrodopsina.

NotasEditar

  1. Oesterhelt D, Tittor J (1989). "Two pumps, one principle: light-driven ion transport in halobacteria". Trends Biochem. Sci. 14 (2): 57–61. PMID 2468194. doi:10.1016/0968-0004(89)90044-3. 
  2. Lottspeich F, Oesterhelt D, Blanck A, Ferrando E, Schegk ES (1989). "Primary structure of sensory rhodopsin I, a prokaryotic photoreceptor". EMBO J. 8 (13): 3963–3971. PMC 401571. PMID 2591367. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Este artigo incorpora texto en dominio público de Pfam e InterPro IPR001425.