Rodney Hood

baloncestista estadounidense

Rodney Michael Hood, nado o 20 de outubro de 1992 en Meridian, Mississippi, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Rodney Hood
Los Angeles Clippers – No. 22
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 20 de outubro de 1992 (31 anos)
Meridian, Mississippi
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 93 kg (206 lb)
Información da carreira
Instituto Meridian (Meridian, Mississippi)
Universidade Mississippi State (2011–2012)
Duke (2013–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Utah Jazz
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Utah Jazz (2014–2018)
Cleveland Cavaliers (2018–2019)
Portland Trail Blazers (2019–2021)
Toronto Raptors (2021)
Milwaukee Bucks (2021–2022)
Los Angeles Clippers (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 26 de xuño de 2014, Hood foi seleccionado na 23ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Utah Jazz.[1] O 11 de xullo de 2014, asinou o seu contrato de rookie cos Jazz e uniuse ó equipo para a Liga de Verán da NBA de 2014.[2]

O 8 de febreiro de 2018, Hood foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Jazz e ós Sacramento Kings.[3]

O 4 de febreiro de 2019, Hood foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e dúas eleccións da segunda rolda do Draft.[4]

O 25 de marzo de 2021, Hood foi traspasado xunto a Gary Trent Jr. ós Toronto Raptors, a cambio de Norman Powell.[5] O 3 de agosto de 2021, foi cortado polos Raptors.[6]

O 6 de agosto de 2021, Hood asinou cos Milwaukee Bucks.[7]

O 10 de febreiro de 2022, Hood foi traspasado ós Los Angeles Clippers nun traspaso entre catro equipos.[8]

Notas editar

  1. "Welcome to Utah, Danté Exum and Rodney Hood". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2015. Consultado o 15 de abril de 2015. 
  2. Jazz Signs First-Round Picks Danté Exum and Rodney Hood
  3. "Cavaliers Acquire George Hill and Rodney Hood in Three-Team Trade". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  4. "Trail Blazers acquire Rodney Hood". NBA.com. 4 de febreiro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2019. 
  5. "Raptors Acquire Trent Jr. and Hood from Portland". Toronto Raptors. 25 de marzo de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2021. 
  6. Rafferty, Scott (3 de agosto de 2021). "Toronto Raptors waive DeAndre' Bembry, Rodney Hood and Paul Watson". NBA.com. Consultado o 4 de agosto de 2021. 
  7. "Milwaukee Bucks Sign Three Players". NBA.com. 6 de agosto de 2021. Consultado o 6 de agosto de 2021. 
  8. "LA Clippers Finalize Four-Team Trade, Send Ibaka To Milwaukee". NBA.com. 10 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar