O rocho[1] é un cuarto da casa, polo xeral pequeno e pouco vistoso, que se destina a gardar os utensilios de menor uso. Non sempre os cuartos destinados a facer de rocho están dentro da casa; é habitual que moitos apartamentos teñan o rocho nun andar distinto do edificio, polo xeral no baixo ou no faiado, aínda que tampouco non é raro que as casas de campo teñan o rocho nun caseto adxacente ou mesmo afastado da vivenda. As linguas doutras culturas onde é habitual ubicalos no soto utilizan unha mesma palabra para os dous significados: sous-sol en francés ou basement en inglés (aínda que tamén existe pantry ou larder con significados similares de almacenamento doutras cousas).

Un rocho clásico, coas cousas deixadas ao desbarate.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar