Roberto Mauri

gravador, medallista e deseñador de moedas italiano

Roberto Mauri, nado en Roma o 19 de xullo de 1949, é un gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.

Roberto Mauri
Nacemento19 de xullo de 1949
  Roma.
Italia Italia
ÁreaGravado de moedas e medallas.
EducaciónEscola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, Roma.
NacionalidadeItalia Italiano
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Roberto Mauri cursou na súa xuventude o bacharelato científico e logo estudos universitarios de Arquitectura. Posteriormente asistiu a cursos de deseño industrial e gravado calcográfico, e finalmente ingresou, para se formar en medallística, na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado.[1]

Logo do seu período formativo traballou como decorador de interiores e máis tarde ingresou no Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato, inicialmente no departamento de Fundición Artística e posteriormente no de Gravado, onde comezou a dedicarse profesionalmente á produción de medallas e moedas. Na ceca pública italiana foi un promotor da experimentación co microgravado e da introdución da informática no deseño e na produción dos cuños.[1]

Obra editar

 
Anverso dos 50 céntimos de euro de Italia, creado por Roberto Mauri

Roberto Mauri é autor dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano, a República de San Marino e Uganda.[1][2]

Unha das súas creacións máis recoñecibles é o anverso nacional italiano da moeda de 50 céntimos de euro coa figura da estatua ecuestre de Marco Aurelio da praza do Campidoglio, obra de Michelangelo.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Roberto Mauri". Mebnet.altervista.org
  2. Catálogo de moedas deseñadas por Roberto Mauri. Numista.com
  3. "50 Euro Cent". Numista.com

Véxase tamén editar

Outros artigos editar