Robert Kovač

futbolista croata

Robert Kovač, nado en Berlín (Alemaña) o 6 de abril de 1974, é un exfutbolista croata. Xogaba de defensa central, sendo considerado como un dos mellores na súa posición na súa época.

Infotaula de personaRobert Kovač

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de abril de 1974 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Berlín Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCroacia Editar o valor em Wikidata
Altura186 cm Editar o valor em Wikidata
Peso78 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor em Wikidata - 2010 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua croata Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaCroacia Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaFußball-Bundesliga e 2. Bundesliga Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1991-1995 Hertha Zehlendorf 112(12)
1995-1996 1. FC Nürnberg 33(1)
1996-2001 Bayer Leverkusen 127(1)
2001-2005 FC Bayern München 94(1)
2005-2007 Juventus FC 35(1)
2007-2008 Borussia Dortmund 26(0)
2009-2010 NK Dinamo Zagreb 22(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç= enllaç=
1999-2009   Croacia 84(0) Editar o valor em Wikidata
Participou en
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
2006Mundial de Fútbol Alemaña 2006
2004Eurocopa de Fútbol Portugal 2004
2002Mundial de Fútbol Corea/Xapón 2002 Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsNiko Kovač Editar o valor em Wikidata

FIFA: 179049 UEFA: 40176 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de pais bosníaco-croatas, Kovač iniciouse no Rapid Wedding. Tras pasar polo Hertha Zehlendorf (1994-95), fichou polo 1. FC Nürnberg (1995-96), club co que debutou na Fußball-Bundesliga. En 1996 marcha cara ao Bayer Leverkusen. Tras un excelente rendemento o Bayern Múnic faise cos seus servizos no ano 2001. Case dende o comezo farase cun posto no once titular do club bávaro, facendo unha gran contribución aos triunfos do Bayern tanto na liga coma na copa de Alemaña.

Dotado dun gran poderío físico a pesar da súa relativamente baixa estatura para a demarcación que ocupaba, tamén tiña unha magnífica colocación e unha boa técnica.

Selección editar

Nado en Berlin, coma o seu irmán máis vello, Niko. Formaron parte dunha serie de xogadores da selección croata cun lugar de nacemento distinto ó país que representan.

Participou nos mundiais de Corea e o Xapón do 2002 e Alemaña no 2006. Tamén estivo nas Eurocopas do 2004 e 2008.

Tanto con Croacia coma co Bayer Leverkusen e Bayern Múnic foi compañeiro de equipo do seu irmán máis vello,Niko.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar