Robert Bruce (ópera)
Robert Bruce é unha ópera pastiche en tres actos con música de Gioachino Rossini e Louis Niedermeyer, sobre un libreto en francés de Alphonse Royer e Gustave Vaëz, baseado na History of Scotland de Walter Scott. Foi estreada o 30 de decembro de 1846 no Théâtre de l'Académie Royale de Musique de París.
Robert Bruce | |
---|---|
Forma | Ópera (pastiche) |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Francés |
Libretista | Alphonse Royer e Gustave Vaëz |
Fontes literarias | History of Scotland de Walter Scott |
Estrea | 30 de decembro de 1846 |
Teatro da estrea | Théâtre de l'Académie Royale de Musique |
Lugar da estrea | París |
Música | |
Compositor | Gioachino Rossini e Louis Niedermeyer |
Personaxes | |
Robert Bruce (barítono) |
HistoriaEditar
Logo da chegada de Rossini a París en 1843 por tratamento médico, foi visitado por Léon Pillet, o director da Opéra, quen o convidou a compoñer unha nova ópera para o teatro. Rossini declinou a oferta, mais sinalou que La donna del lago (1819) fora descoidada e podía ir ben cos franceses. Rossini volveu á súa casa de Boloña, onde foi visitado novamente por Pillet, que desta vez foi acompañado polo libretista Gustave Vaëz, e Louis Niedermeyer. O resultado (que tamén involucra ao frecuente colaborador de Vaëz Alphonse Royer como colibretista) foi Robert Bruce, un elaborado pasticcio baseado en La donna del lago pero que inclúe música doutras óperas. Niedermeyer aparéntemente escribiu os recitativos necesarios.[1]
Rossini estivo cláramente involucrado na colaboración mais non asistiu á estrea, que tivo lugar na capital francesa o 30 de decembro de 1846. A ópera obtivo un éxito moderado mais foi o suxeito de moitas críticas por parte de Hector Berlioz, entre outros.[2]
PersonaxesEditar
Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 30 de decembro de 1846 (Director: -)[3] |
---|---|---|
Robert Bruce, rei de Escocia. | barítono | Paul Barroilhet |
Édouard II, rei de Inglaterra. | tenor | Paulin |
Douglas, lord de Douglas. | baixo | Anconi |
Marie, súa filla. | mezzosoprano | Rosine Stoltz |
Dickson, un highlander de Stirling. | bass | Bessin |
Nelly, súa filla. | soprano | Maria Nau |
Arthur, un oficial ao servizo de Édouard . | tenor | Jémérie Bettini |
Morton, un capitán inglés. | baixo | Rommy |
Paxe de Édouard | musichetto | Moisson |
Un bardo | baixo | |
Cabaleiros ingleses, soldados e paxes, damas da corte de Inglaterra, bardos escoceses, cabaleiros e soldados de Robert Bruce, xitanos, xograres |
AnáliseEditar
A música empregada na ópera non era orixinal, senón que procedía doutras óperas, sendo adaptada a xeito de pastiche. A música foi adaptada por Niedermeyer co permiso de Rossini sobre as súas óperas La donna del lago, Zelmira, Bianca e Falliero, Torvaldo e Dorliska e Armida.
GravaciónsEditar
Ano | Elenco: Robert Bruce, Marie, Édouard II, Douglas |
Director, Teatro de ópera e orquestra |
Selo |
---|---|---|---|
2003 | Nicolas Rivenq, Iano Tamar, Davide Cicchetti, Massimiliano Chiarolla |
Paolo Arrivabene, Orchestra Internazionale d'Italia e Coro de Cámara de Bratislava (Gravado nas representacións no Teatro Ducale Martina Franca como parte do Festival della Valle d'Itria en 2002) |
Dynamic CDS 421/1-2 |
NotasEditar
- ↑ Mark Everist: "Partners in rhyme: Alphonse Royer, Gustave Vaëz, and foreign opera in Paris during the July Monarchy”, in Fashions and Legacies of Nineteenth-Century Italian Opera, edited by Roberta Montemorra Marvin and Hilary Poriss, Cambridge University Press, 2009, ISBN 978-0-521-88998-8, pp.39-40.
- ↑ Osborne, Richard (1986). Rossini. London: Dent. p. 98. ISBN 0-460-03179-1.
- ↑ "Entry in "Almanacco di Gherardo Casaglia", AmadeusOnline.net". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2012. Consultado o 08 de xaneiro de 2013.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |