Riot grrrl

(Redirección desde «Riot Grrrl»)

Riot Grrrl (ou Riot Grrl) é un movemento musical feminista que tivo o seu esplendor na década dos 90 pero que continúa tendo unha significante influencia na música e cultura actual. O termo Riot Grrrl é tamén a designación dun xénero, referido á música punk rock feita polos membros iniciais do movemento. Tamén pode referirse aos individuos auto-proclamados Riot Grrrls, que continúan promovendo a subcultura punk feminista do "faino ti mesmo" creando bandas de mulleres, festivais de música centrados nas mulleres, reunións e publicacións independentes ou fancines.

Riot grrrl
Orixe musicalpunk rock, pop punk, indie rock, girl groups, rock alternativo, grunge
Orixe culturalprincipios dos 90 nos Estados Unidos
Instrumentos típicosguitarra eléctrica, baixo, batería
Subxéneros
kinderwhore
Xéneros de fusión
digital hardcore

Historia editar

A pesar de que o movemento Riot Grrrl comeza a principios dos 90, músicos como Yoko Ono, Patti Smith, Penelope Houston (The Avengers), X-Ray Spex, Crass, Joan Jett, The Slits, Beat Happening, Kim Gordon (Sonic Youth) e Jean Smith son a miúdo citadas como importantes influencias do movemento. O post-punk inglés, a escena dos anos 80 en Olympia, as bandas de mulleres dos 60 eran outras influencias. Os usos e significados do termo Riot Grrrl evolucionaron co paso do tempo, pero as súas orixes pódense remontar aos disturbios raciais no barrio Mount Pleasant de Washington, D.C. na primavera de 1991.

Links editar


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.