Richard F. Gordon
Astronauta estadounidense
Richard Francis Gordon Jr., nado en Seattle (Washington) o 5 de outubro de 1929 e finado o 6 de novembro de 2017, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 11 e Apollo 12.[1][2]
Richard F. Gordon | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 5 de outubro de 1929 |
Lugar | Seattle |
Falecemento | 6 de novembro de 2017 |
Actividade | |
Misións | Gemini 11 e Apollo 12 |
Tempo no espazo | 13,16 días |
Premios | Distinguished Flying Cross, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA e International Space Hall of Fame |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria Editar
Gordon graduouse en química pola Universidade de Washington en 1951. En 1953 incorporouse á Armada dos Estados Unidos de América, chegando ao grao de capitán. En 1957 daba clases na Escola de Pilotos de Probas da Armada en Patuxent River, Maryland.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en outubro de 1963. Participou nas misións Gemini 11 e Apollo 12, pasando un total de 13,16 días no espazo.[1][2]
Notas Editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Gordon, Richard Francis Jr 'Dick'" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (novembro de 2017). "RICHARD F. GORDON, JR. (CAPTAIN, USN, RET.)NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard F. Gordon |