Ricardo Varela Sánchez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2019.) |
Ricardo Jacinto Varela Sánchez, nado en Lugo o 26 de setembro de 1955, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1955 (69 anos) Lugo, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Traxectoria
editarDiplomado en Relacións Laborais pola Universidade da Coruña, traballou de funcionario no Concello de Lugo e foi un destacado membro de UXT. Formou parte da candidatura socialista por Lugo nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997, se ben non resultou elixido. En marzo de 1998 foi designado coordinador provincial do PSdeG-PSOE en Lugo. Foi elixido deputado tralas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2001, encabezando a candidatura socialista por Lugo. Ocupou a Secretaría de Organización do PSdeG-PSOE dende o ano 2004 ata 2008, polo que deixou a coordinadora provincial, sendo membro tamén do Comité Federal do PSOE. Foi Conselleiro de Traballo durante o goberno bipartito de Emilio Pérez Touriño, de 2005 a 2009. Foi Vicesecretario Xeral do PSdeG dende o Congreso de xullo de 2008 ata a renuncia de Touriño trala derrota nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2009, tralas cales foi elixido Vicepresidente segundo da mesa do Parlamento.
En outubro de 2009 foi elixido Secretario Provincial do PSdeG-PSOE de Lugo[1] manténdose ata o Congreso de maio de 2012, no cal renunciou a presentarse. En 2011 concorreu ás eleccións xerais como número 1 do PSOE ao Senado e resultou elixido, renunciando aos seus cargos no Parlamento de Galicia. Nas xerais de 2015 e nas de 2016 volveu ser elixido senador, manténdose ata 2019, cando foi excluído das listas.
Tralo Congreso Nacional do PSdeG de decembro de 2021 foi elixido presidente da Comisión Nacional de Ética do partido[2].
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarPredecesor: Belén Prado |
Conselleiro de Traballo 2005 - 2009 |
Sucesor: Beatriz Mato |
Predecesor: José Blanco López |
Coordinador do PSdeG-PSOE da Provincia de Lugo 1998 - 2004 |
Sucesor: Luis Ángel Lago Lage |
Predecesor: Luis Ángel Lago Lage |
Secretario xeral do PSdeG-PSOE da Provincia de Lugo 2009 - 2012 |
Sucesor: José Ramón Gómez Besteiro |