Ricardo Gómez (actor)

actor español


Ricardo Parrondo Gómez, nado en Madrid o 25 de febreiro de 1994, máis coñecido como Ricardo Gómez, é un actor español especialmente coñecido por dar vida ao personaxe Carlos Alcántara Fernández na serie de televisión Cuéntame cómo pasó.[1]

Infotaula de personaRicardo Gómez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Collado Villalba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1088493 Twitter: ricardogomez10 Instagram: ricardogomez10 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Naceu en Madrid, aínda que a súa familia é de Santiago de Compostela. Actualmente estuda Literatura Xeral e Comparada na Universidade Complutense de Madrid.

Empezou a súa carreira como actor no Teatro Lope de Vega de Madrid, interpretando o papel de Chip (a tacita) na produción musical d'A bela e a besta aos 5 anos de idade.[2]

En 2001, con só 7 anos, debutou na televisión na serie de Televisión Española Cuéntame cómo pasó onde interpretou a Carlos Alcántara, o fillo menor da familia Alcántara. Gómez participou desde a primeira até a décimo novena tempada da serie.[3][4]

En 2008 participou no documental de TVE El espíritu de la democracia, interpretando a Carlos Alcántara. Trátase dun documental do programa Informe Semanal no que se conmemoran os 30 anos da Constitución Española.[5]

 
Nos Goya 2018.

En decembro de 2016 estrea a película 1898: Los últimos de Filipinas, un drama histórico sobre os soldados españois asediados na igrexa de Baler na illa de Luzón, Filipinas. Gómez interpreta o soldado José, un dos homes que quedou retido na devandita capela por parte dos insurrectos filipinos.[6] A súa participación nesta película valeulle un nomeamento aos Premios Goya como mellor actor revelación, galardón que finalmente terminou levando Carlos Santos.[7]

Tamén nese ano forma parte do elenco da obra de teatro La Cocina, do dramaturgo Arnold Wesker, dirixida por Sergio Peris-Mencheta no teatro Valle-Inclán de Madrid. Gómez compartiu escenario con 26 actores e actrices entre os que destacan Afasto Sauras, Silvia Abascal e Roberto Álamo entre outros.[8]

Ademais, a principios de decembro de 2016, estreou a mini-serie de televisión El padre de Caín en Telecinco, un drama protagonizado por Aura Garrido, Quim Gutiérrez e Oona Chaplin sobre o terrorismo de ETA durante os anos oitenta en España.[9]

É protagonista dun dos episodios de Temporada Baja de Flooxer.[10]

En setembro de 2018 estreou a serie Vivir sin permiso de Telecinco onde dá vida a Alejandro, o noivo na ficción de Carlos, papel desempeñado por Àlex Monner, o cal é o fillo do narcotraficante sobre o que xira a historia (José Coronado).[11]

Entre marzo e abril de 2018 protagonizou xunto a Irene Escolar a obra Mammón da directores Nave Albet e Marcel Borràs, nos Teatros del Canal de Madrid, pola que gañou o Fotograma de prata ao mellor actor de teatro.[12][13] En novembro do mesmo ano estreou a obra Rojo de John Logan, na que comparte escenario con Juan Echanove, que ademais dirixe a montaxe.[14] A obra estreouse o 9 de novembro de no Teatro Calderón de Valladolid, e posteriormente trasladouse ao Teatro Español de Madrid.[15][16] A montaxe conta tamén cunha xira por España que inclúe funcións no Teatro Lope de Veiga de Sevilla, o Teatro Arriaga de Bilbao, e o Teatro Rosalía de Castro da Coruña entre outros.[17][18]

Cuéntame cómo pasó editar

Ricardo Gómez deu vida a Carlos Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó desde 2001 a 2018.[19]

O 29 de maio de 2018 anunciouse que o actor abandonaba a serie por decisión propia ao finalizar a tempada 19. Iso si, a porta quedou aberta ao seu personaxe e a el, por si no futuro desexa regresar á produción. feito que finalmente terminou sucedendo no capítulo final da tempada 23, a última da serie.[20]

Filmografía como actor editar

Cine editar

Ano Título orixinal Director Personaxe Notas
2003 Los Reyes Magos Antonio Navarro Jimmy (voz)
2004 Tiovivo c.1950 José Luis Garci Acisclito
Héroe de verdad María Rodríguez Rabaldán Santi Curtametraxe
2009 Cosas de críos Eva Nieto Menor
2016 1898: Los últimos de Filipinas Salvador Calvo José Nomeado ao Goya ó mellor actor revelación
2019 Un cuento al revés Inés Pintor y Pablo Santidrián Javier Curtametraxe
2021 Donde caben dos Paco Caballero Víctor
El sustituto Óscar Aibar Andrés
Mía y Moi Borja de la Vega Moi
2022 La casa entre los cactus Carlota González-Adrio Rafa

Televisión editar

Ano Título orixinal Cadea Personaxe Episodios
2001 - 2018; 2023 Cuéntame cómo pasó La 1 Carlos Alcántara Fernández 349 episodios
2016 El padre de Caín Telecinco Daniel Rodríguez 1 episodio
2018 Vivir sin permiso Alejandro Lamas 11 episodios
2020 Escenario 0 HBO España Ricardo 1 episodio
2022 La ruta Atresplayer Vicente «Sento» Alberola 8 episodios
2023 Romancero Prime Video Diego Sorroche 5 episodios

Teatro editar

Ano Título Director Personaxe
1999 - 2002 La Bella y La Bestia Dan Mojica Chip
2006 Siglo XX que estás en los cielos Blanca Portillo Niño
El último viaje del almirante Jorge Díaz Cristóbal Colón
El señor Ibrahím y las flores del corán Ernesto Caballero Momó
2016 La cocina Sergio Peris-Mencheta Pinche
2017 Orestiada José Carlos Plaza Orestes
2018 Mammón Nao Albet y Marcel Borràs Ricardo
2018 - 2019 Rojo Gerardo Vera Ken

Filmografía como director editar

  • Gracias por venir (2016), curtametraxe.
  • Cariño (2017), curtametraxe, xunto a Miki Esparbé.

Premios e nomeamentos editar

Ano Premio Categoría Película Resultado
2016 Premios Goya Mellor actor revelación 1898: Los últimos de Filipinas Nomeado
Unión de Actores e Actrices Mellor actor revelación Nomeado
Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos Mellor actor revelación Nomeado
2019 Fotogramas de Prata Mellor actor de teatro Mammón Gañador
2022 Premios Feroz Mellor actor protagonista El sustituto Nomeado

Referencias editar

  1. Jaime, Víctor Núñez (2016-01-30). "Ricardo Gómez: “‘Cuéntame’ se sabe reinventar muy bien”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-14. 
  2. Aisge. "Ricardo Gómez" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  3. Hearst, Por Juan Silvestre / Fotos: Archivo (2016-02-23). "22 años y 299 capítulos: la vida de Ricardo Gómez a través de Carlos Alcántara" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  4. Periódico, El (2018-11-30). "Así fue el emotivo adiós de Ricardo Gómez de 'Cuéntame'" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  5. Informe Semanal (6 de decembro de 2008). El espíritu de la democracia (Televisión) (en castelán). Escena en 00:44 e 1:15. 
  6. Hermoso, Borja (2016-09-12). "Los últimos de Filipinas regresan de la trinchera a la pantalla". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-14. 
  7. "Fcinco - F5 | EL MUNDO" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  8. "El mundo es una cocina: la obra más descomunal del año ocupa a 26 actores" (en castelán). 2016-11-17. Consultado o 2021-01-14. 
  9. "El padre de Caín, un retrato de la lucha contra ETA en los años de plomo" (en castelán). 2016-12-06. Consultado o 2021-01-14. 
  10. "Flooxer muestra sus nuevas series en los Cines Callao de Madrid" (en castelán). 2018-07-03. Consultado o 2021-01-14. 
  11. Onieva, Por Álvaro (2018-09-21). "Telecinco estrena el lunes 'Vivir sin permiso': una guerra familiar por el trono del narco con alzhéimer" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  12. "Irene Escolar y Ricardo Gómez, la pareja (teatral) de la temporada" (en castelán). 2018-03-27. Consultado o 2021-01-14. 
  13. Redacción, Por (2019-03-04). "Fotogramas de Plata 2018: Ricardo Gómez, Mejor Actor de Teatro" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  14. Press, Europa (2018-11-27). "Juan Echanove dirige a Ricardo Gómez en la obra Rojo: "Apoyo con mi vida que Dani Mateo no sea juzgado"". Consultado o 2021-01-14. 
  15. Alejandre, Mario (2018-11-09). "Juan Echanove y Ricardo Gómez estrenan 'Rojo' en el Calderón" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  16. "‘Rojo’: Ricardo Gómez y Juan Echanove, el alumno y el maestro se enfrentan en el teatro" (en castelán). 2018-11-30. Consultado o 2021-01-14. 
  17. "Juan Echanove y Ricardo Gómez traen ROJO al teatro Arriaga". 2018-12-02. Arquivado dende o orixinal o 2 de diciembre de 2018. Consultado o 2021-01-14. 
  18. Hervás, Juan Carlos (2018-11-30). "La gira de "Rojo", de Juan Echanove, incluye a Soria" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  19. RTVE.es (2014-01-14). "Carlos Alcántara, la voz de la historia" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 
  20. "Ricardo Gómez se despide de 'Cuéntame cómo pasó': 'Cierro una etapa que abarca desde que tengo recuerdo'" (en castelán). Consultado o 2021-01-14. 

Enlaces externos editar