Juan Echanove

actor español

Juan Echanove Labanda, nado en Madrid o 1 de abril de 1961, é un actor español.

Juan Echanove
Nome completoJuan Echanove Labanda
Nacemento1 de abril de 1961
LugarMadrid
NacionalidadeEspaña
Profesiónactor, presentador de televisión, actor de teatro, actor de cinema, actor de televisión e director de televisión
Na rede
IMDB: nm0248364 Allocine: 15411 Allmovie: p21087
Discogs: 521671 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Juan Echanove estudou dereito e entrou na Escola de Arte Dramática de Madrid.[1][2] En 1986 participou no filme Tiempo de silencio, onde se deu a coñecer, e a raíz diso obtivo o papel de Cosme na serie Turno de oficio, pola que acadou certa notoriedade.[3]

Grazas ao éxito chamárono para un importante número de filmes, entre eles Divinas palabras (1987), polo que recibiu o Goya ao mellor actor secundario. A ese título seguírono Bajarse al moro, A solas contigo ou La noche más larga. En televisión protagonizou en 1991 Chicas de hoy en día.

Dous anos despois gozou do seu maior éxito profesional ao encabezar o elenco de Madregilda, de Francisco Regueiro, onde interpretou un Franco acomplexado e feble. Por este traballo gañou a Cuncha de Prata ao mellor actor do Festival de Donostia, o Goya ao mellor actor, o Premio Sant Jordi, o Premio Ondas e unha candidatura aos Premios Fotogramas de Prata. A súa intervención ese mesmo ano en Mi hermano del alma de Mariano Barroso valeulle outra candidatura aos Goya. Neses doce meses tamén participou como cantante nunha xira xunto a Víctor Manuel, Ana Belén, Pablo Milanés, Miguel Ríos, Manolo Tena, Antonio Flores, Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat que posteriormente se gravou nun disco titulado Mucho más que dos. Intercalou estes traballos coa xira teatral da obra El cerdo, en que levaba o peso absoluto da función.

A partir de 2000 deu prioridade á súa traxectoria teatral en obras como El verdugo ou El extraño.

Por esas datas, Echanove exerceu bastante militancia política. En febreiro de 2003 asistiu a un acto de protesta contra o terrorismo de ETA,[4] poucos días despois de ser expulsado do Congreso dos Deputados xunto a Juan Luis Galiardo, María Barranco, Ana Belén, Pilar Bardem, Jordi Dauder e Amparo Larrañaga, por lucir unha camiseta en que estaba impresa a insignia "No a la guerra" (Non á guerra).[5] En marzo de 2004, celebrou a vitoria de José Luis Rodríguez Zapatero na sede do PSOE en Madrid.[6]

Entre outono de 2005 e 2017 interpretou a Miguel Alcántara Barbadillo, irmán de Antonio Alcántara (Imanol Arias) na serie Cuéntame cómo pasó.

Filmografía editar

Cinema editar

Televisión editar

Notas editar

  1. Biografía de Juan Echanove Arquivado 04 de novembro de 2011 en Wayback Machine.. Juan Echanove.com. Consultado o 28-9-2011.
  2. Juan Echanove Labanda. El País.com. Consultado o 28-9-2011.
  3. Ficha personal de Juan Echanove. Biografias.estamosrodando.com. Consultado o 28-9-2011.
  4. Savater pide a PP y PSE que formen una alternativa electoral ante el nacionalismo[Ligazón morta]. Diario de Navarra.es. Consultado o 27-9-2011.
  5. Los actores, fuera del Congreso por mostrar camisetas pacifistas Arquivado 21 de xullo de 2019 en Wayback Machine.. Diario de León.es. Consultado o 27-9-2011.
  6. Una victoria 'agri' muy 'dulce'. El Mundo.es. Consultado o 27-9-2011.