Ricardo Bodenlle Corral

sacerdote e escritor galego

Ricardo Bodenlle Corral, nado en Santa Cristina (Cospeito) o 22 de marzo de 1886 e finado en Castro de Rei o 24 de xaneiro de 1967, foi un sacerdote e escritor galego.

Infotaula de personaRicardo Bodenlle Corral
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1886 Editar o valor em Wikidata
Santa Cristina, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xaneiro de 1967 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
San Xiao de Mos, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , escritor Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou no Seminario de Mondoñedo. Foi ordenado sacerdote o 19 de decembro de 1914. En 1915 foi nomeado capelán das Hermanas de los Pobres de Ferrol. Entre 1917 e 1924 deu clases en colexios de Ferrol. En agosto de 1924 foi nomeado párroco de San Xiao de Mos e do seu anexo Sobrada de Aguiar e foi arcipreste da Terra Chá, permanecendo nese posto ata a súa xubilación en 1966. Finou en San Xiao de Mos o 24 de xaneiro de 1967.[1]

Publicou en Lugo en 1953 El Bien y el Mal. Verdades en verso, con poemas en galego e castelán.

Notas editar

  1. El Progreso, 25-1-1968, p. 7.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar