Rhus typhina

especie de planta

Rhus typhina é un arbusto ou pequena árbore de folla caduca da familia Anacardiaceae, nativa do leste de Norteamérica. Foi descuberta no sueste do Canadá, leste e nordés dos Estados Unidos, sur de Ontario e os Apalaches.[1]

Vista da árbore.
Ilustración.

Descrición editar

Alcanza os 3–10 m de altura, ten follas alternas, pinnadas, de 25–55 cm de longo, con 9–31 foliolos aserrados de 6–11 cm de longo.[2] Os peciolos e talos están densamente cubertos por pelos avermellados.

É unha especie dioica e forma grandes grupos de plantas femininas ou masculinas.

Taxonomía editar

Tetradium daniellii foi descrita por Carl von Linné e publicada en Centuria II. Plantarum... 14. 1756.[3]

Etimoloxía

Rhus: nome xenérico que deriva da palabra grega para "vermello", unha alusión ás rechamantes cores de outono dalgunhas especies.

typhina: epíteto latino que significa "como o xénero Typha".[4]

Sinonimia
  • Datisca hirta L.
  • Rhus hirta (L.) Sudw.
  • Schmaltzia hirta (L.) Small
  • Toxicodendron typhinum (L.) Kuntze[5]

Notas editar

  1. Pode causar importante alerxia de contacto.United States Geological Survey: "Rhus typhina Range Map" Arquivado 26 de xuño de 2012 en Wayback Machine.. Data de acceso: 02-03-2008.
  2. Richard H. Uva, Joseph C. Neal e Joseph M. Ditomaso, Weeds of The Northeast, (Ithaca, NY: Cornell University Press, 1997), P. 326-327.
  3. "Rhus typhina". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 16 de xaneiro de 2013. 
  4. En Epítetos Botánicos
  5. Rhus typhina en PlantList

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Anonymous. 1986. List-Based Rec., Soil Conserv. Serv., U.S.D.A. Database of the U.S.D.A., Beltsville.
  • Fernald, M. 1950. Manual (ed. 8) i–lxiv, 1–1632. American Book Co., New York.
  • Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
  • Gleason, H. A. & A. J. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–910. New York Botanical Garden, Bronx.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Radford, A. E., H. E. Ahles & C. R. Bell. 1968. Man. Vasc. Fl. Carolinas i–lxi, 1–1183. University of North Carolina Press, Chapel Hill.
  • Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
  • Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.

Ligazóns externas editar