Rexión ultraperiférica da Unión Europea
Denomínanse rexións ultraperiféricas da Unión Europea (RUP) a nove territorios que aínda estando xeograficamente afastados do Continente europeo forman parte indivisible dalgún dos 27 estados membros da UE.[1]
A diferenza dos Países e Territorios de Ultramar considéranse parte integral do territorio europeo formando parte do Espazo Schengen e aplicándose as leis e directrices da Unión (sobre as que se recoñecen tratos diferenciados en distintos sectores segundo os termos do Tratado de Ámsterdan).
O Tratado polo que se establece unha Constitución para Europa recoñece tamén estas características e asume a necesidade de ter en conta as súas especiais circunstancias á hora de lexislar, especificando que terán un trato fiscal especial. Debido ao fracaso na aprobación do mesmo reformouse a consideración destas rexións (engadindo dúas máis á lista) no Tratado europeo de Lisboa.
A oficina de información, xestión e apoio ás Rexións Ultraperiféricas (RUP) atópase na cidade das Palmas de Gran Canaria, na illa de Gran Canaria.[2]
Rexións ultraperiféricas
editarAs nove rexións ultraperiféricas da Unión son, por estados:
Notas
editar- ↑ "A Política rexional e as rexións ultraperiféricas". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2012.
- ↑ López Garrido inaugura a Oficina das Rexións Ultraperiféricas nas Palmas de Gran Canaria