Retinopatía da prematuridade
A retinopatía da prematuridade (ou ROP, do inglés Retinopathy of prematurity), tamén coñecido como a síndrome de Terry[1], é unha doenza que afecta ao neonato, caracterizada por unha alteración no crecemeto da retina do ollo. Prodúcese por mor dunha vascularización anormal da retina, que pode chegar a ocasionar cicatrices e mesmo o desprendemento desta. Pode causar cegueira.
Retinopatía da prematuridade | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
En cor vermella, a retina, estrutura afectada na ROP. | |
ICD-10 | H35.1 |
ICD-9 | 360.20 |
OMIM | 133780 |
DiseasesDB | 11442 |
MedlinePlus | 001618 |
eMedicine | ped/1998 |
MeSH | D012178 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A prematuridade (nacementos antes da semana 37), o baixo peso no nacemento, e a administración de oxíxeno, son factores coñecidos de risco para padecer a enfermidade.
O tratamento baséase na fotocoagulación láser, aínda que en estadios máis avanzados onde a doenza é máis grave pódese requirir de cirurxía ou de tratamento con anticorpos monoclonais coma o bevacizumab.
Clasificación
editarA ROP pódese clasificar en 5 estadios segundo a extensión da afectación.[2]
- Estadio 1: hai unha liña que separa a retina vascularizada da que fica avascular.
- Estadio 2: a liña anterior vai ficando máis grosa, nomeándose crista monticular. Hai un comezo de neovascularización (formación de novos vasos sanguíneos).
- Estadio 3: a neovascularización abrangue xa toda a retina.
- Estadio 4: hai un desprendemento parcial da retina.
- Estadio 4A: o desprendemento respecta a mácula.
- Estadio 4B: o deprendemento comprende tamén a mácula.
- Estadio 5: o desprendemento da retina é total, polo que se produce cegueira.
Tratamento
editarO principal piar do tratamento é a ablación mediante láser díodo da retina periférica avascular. Tamén se pode empregar a crioterapia, mais se se pode o tratamento con fotocoagulación láser é de elección.
Nos estadios máis severos, isto é, os estadios 4 e 5 onde existe desprendemento da retina, o tratamento mediante cirurxía pode ser unha opción a considerar. A vitrectomía consiste na exérese do compartimento vítreo.
Por último, a inxección intravítrea dun anticorpo monoclonal, o bevacizumab, é un fármaco empregado en casos severos, que inactiva o VEGF (factor de crecemento endotelial vascular), mellorando o prognóstico da doenza.[3]
Notas
editar- ↑ "Terry Syndrome". Stedman's Medical Dictionary. Lippincott Williams & Wilkins. 2006. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de setembro de 2017.
- ↑ Committee for the Classification of Retinopathy of Prematurity (1984 Aug). "An international classification of retinopathy of prematurity". Arch Ophthalmol. 102 (8): 1130–1134. PMID 6547831. doi:10.1001/archopht.1984.01040030908011.
- ↑ Shah PK, Narendran V, Tawansy KA, Raghuram A, Narendran K. (2007). "Intravitreal bevacizumab (Avastin) for post laser anterior segment ischemia in aggressive posterior retinopathy of prematurity". Indian journal of ophthalmology 55 (1): 75–76. PMID 17189897. doi:10.4103/0301-4738.29505.