Repetición armadillo

(Redirección desde «Repeticións Armadillo»)

Repetición armadillo é o nome dunha secuencia de aminoácidos repetitiva característica, que consta duns 42 residuos de lonxitude e que se encontra en moitas proteínas. As proteínas que conteñen repeticions armadillo presentan normalmente varias copias repetidas en tándem.[2][3] Cada repetición armadillo está composta por un par de hélices alfa que forman unha estrutura en forquita. Múltiples copias desta repetición forman o que se chama unha estrutura de alfa solenoide.

Dominio repetición armadillo
Estrutura do dominio 5armadillo da beta-catenina.[1]
Identificadores
SímboloArm
PfamPF00514
Pfam clanCL0020
InterProIPR000225
SMARTSM00185
PROSITEPS50176
SCOPe3bct / SUPFAM
CDDcd00020
Membranome350

Exemplos de proteínas que conteñen repeticións armadillo son a β-catenina, Sarm1 (SARM1),[4] α-importina,[5] placoglobina,[6] proteína da polipose adenomatosa do colon (APC ou adenomatous polyposis coli),[7] e moitas outras.

O termo armadillo deriva do nome histórico que recibía o xene da β-catenina na mosca do vinagre Drosophila, onde se descubriron as repeticións armadillo. Aínda que se cría previamente que a β-catenina era unha proteína implicada na unión das proteínas de adhesión celular cadherinas ao citoesqueleto, traballos recentes indican que a β-catenina regula a homodimerización da alfa-catenina, a cal á súa vez controla a ramificación e formación de feixes da actina.[8] Pero, a repetición armadillo encóntrase nun amplo rango de proteínas con outras funcións. Este tipo de dominio proteico é importante na transdución de sinais WNT durante o desenvolvemento embrionario.

Estrutura editar

O pregamento tridimensionaol dunha repetición armadillo observouse por primeira vez na estrutura cristalina da beta-catenina, na cal as súas 12 repeticións en tándem forman unha superhélice de hélices alfa con tres hélices por unidade.[1] A estrutura cilíndrica presenta unha rañura cargada positivamente, que presumiblemente interacciona con superficies ácidas de moléculas descoñecidas coas cales interacciona a beta-catenina.[9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Huber AH, Nelson WJ, Weis WI (setembro de 1997). "Three-dimensional structure of the armadillo repeat region of beta-catenin". Cell 90 (5): 871–82. PMID 9298899. doi:10.1016/S0092-8674(00)80352-9. 
  2. Peifer M, Berg S, Reynolds AB (1994). "A repeating amino acid motif shared by proteins with diverse cellular roles". Cell 76 (5): 789–91. PMID 7907279. doi:10.1016/0092-8674(94)90353-0.  Erro no estilo Vancouver: wikilink (Axuda)
  3. Groves MR, Barford D (1999). "Topological characteristics of helical repeat proteins". Current Opinion in Structural Biology 9 (3): 383–9. PMID 10361086. doi:10.1016/S0959-440X(99)80052-9. 
  4. "Scopus preview - Scopus - Welcome to Scopus". www.scopus.com. Consultado o 2023-03-21. 
  5. Herold A, Truant R, Wiegand H, Cullen BR (outubro de 1998). "Determination of the functional domain organization of the importin alpha nuclear import factor". J. Cell Biol. 143 (2): 309–18. PMC 2132842. PMID 9786944. doi:10.1083/jcb.143.2.309. 
  6. McCrea PD, Turck CW, Gumbiner B (novembro de 1991). "A homolog of the armadillo protein in Drosophila (plakoglobin) associated with E-cadherin". Science 254 (5036): 1359–61. Bibcode:1991Sci...254.1359M. PMID 1962194. doi:10.1126/science.1962194. 
  7. Hirschl D, Bayer P, Müller O (marzo de 1996). "Secondary structure of an armadillo single repeat from the APC protein". FEBS Lett. 383 (1–2): 31–6. PMID 8612785. doi:10.1016/0014-5793(96)00215-3. 
  8. Nusse, Roel, and Hans Clevers. “Wnt/β-Catenin Signaling, Disease, and Emerging Therapeutic Modalities.” Cell, vol. 169, no. 6, 1 de xuño de 2017, pp. 985–999., doi:10.1016/j.cell.2017.05.016.
  9. "Armadillo (IPR000225)". InterPro. EMBL-EBI. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.