República da Illa das Rosas

A República da Illa das Rosas (en esperanto: Respubliko de la Insulo de la Rozoj; en italiano: Repubblica dell'Isola delle Rose) foi unha micronación de curta duración que existiu na forma dunha plataforma creada no mar Adriático, a 11 quilómetros da costa de Rimini, en Italia.

Modelo:Xeografía políticaRepública da Illa das Rosas
Respubliko de la Insulo de la Rozoj (eo) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aGiorgio Rosa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°10′49″N 12°37′20″L / 44.1803, 12.6222Coordenadas: 44°10′49″N 12°37′20″L / 44.1803, 12.6222
Poboación
Poboación1 (1968) Editar o valor em Wikidata (2.500 hab./km²)
Lingua oficialesperanto Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie400 m² Editar o valor em Wikidata
Bañado pormar Adriático Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
FundadorGiorgio Rosa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Creación1 de maio de 1968 Editar o valor em Wikidata
Disolución13 de febreiro de 1969 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernorepública Editar o valor em Wikidata

Illa das Rosas en 1968.

Foi construída polo enxeñeiro italiano Giorgio Rosa, quen se fixo a si mesmo presidente e declarou o estado independente o 1 de maio de 1968.[1][2] A Illa das Rosas tivo o seu propio goberno, moeda, oficina postal e establecementos comerciais, e a súa lingua oficial foi o esperanto.[1] Porén, nunca foi formalmente recoñecida como un estado soberano por ningún país do mundo. Visto polo goberno italiano como unha maneira de Rosa para obter cartos do turismo ao tempo que evadía impostos, a Illa das Rosas foi ocupada polas forzas italianas o 26 de xuño de 1968, sendo obxecto dun bloqueo naval, e posteriormente foi afundida en febreiro de 1969.[3][4]

Dende a primeira década de 2000, a historia da Illa das Rosas foi obxecto de investigación en base ao aspecto utópico da súa xénese.[5]

Na cultura popular editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Marco Imarisio. "Riemerge l'isola dell'Utopia". Corriere della Sera (en italiano). 
  2. "Piattaforma davanti a Rimini proclamata "Stato indipendente"". La Stampa (en italiano). 
  3. Edda Montemaggi. "La polizia ha già occupato l'isola artificiale di Rimini". Stampa Sera (en italiano). 
  4. Edda Montemaggi. "Circondato dalle motovedette lo "Stato" al largo di Rimini". La Stampa (en italiano). 
  5. Fabio Vaccarezza. Rose Island: A Dream of Freedom. The Cinderella Philatelist. pp. 42–46. 
  6. [Scheda di Martin Mystere n 193 L'isola delle Rose
  7. "Rose Island: Netflix adapts the story of 'prince of anarchists' Giorgio Rosa". BBC. 7 de decembro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Vaccarezza, Fabio (xaneiro de 2007). "Rose Island: A Dream of Freedom". The Cinderella Philatelist: 42–46. ISSN 0009-6911. 
  • Strauss, Erwin S. (1984). How to Start Your Own Country (2nd ed.). Port Townsend, WA: Breakout Productions. pp. 129–130. ISBN 1-893626-15-6. 
  • Menefee, Samuel Pyeatt (outuno de 1994). "'Republics of the Reefs': Nation-Building on the Continental Shelf and in the World's Oceans". California Western International Law Journal 25 (1): 105–06. ISSN 0886-3210.